Recta final de Relevo2020
Ademais das sesións individuais, os asistentes do GALP Golfo Ártabro Sur
participan en visitas experienciais a empresas do sector pesqueiro.
A segunda edición do programa
de cooperación Relevo 2020 que deu comezo a finais de marzo, está chegando ao
seu fin. Ata xuño, os participantes do programa pertencen ao GALP Golfo Ártabro
Sur asisten aos últimos seminarios e ás titorías individuais. No noso
territorio, as sesións teñen lugar os mércores en Sada a partir das 10.00h.
Así mesmo, o grupo tamén está participando en diversas visitas a empresas, mantendo encontros con profesionais de diferentes entidades do sector pesqueiro, relacionadas con el ou ben cos proxectos e ideas empresariais do antigo alumnado. En concreto, a semana pasada compartiron experiencias nas súas instalacións cos propietarios de After Sur deOleiros, un complexo hostaleiro subvencionado polo GALP Golfo Ártabro Sur, e co grupo familiar J J Chicolino, de Boiro, dedicados á fabricación de produtos para a acuicultura, a miticultura (cultivo industrial do mexillón) e a pesca como cordas, mallas, cadeas ou áncoras, entre outros. Outra das sesións tivo lugar con responsables da entidade pública Artesanía de Galicia para explorar as posibilidades de aplicación de das técnicas artesás no sector pesqueiro.
En paralelo, a organización de
Relevo 2020 tamén se atopa preparando as visitas finais nas que o alumnado de
diferentes territorios GALP compartirá unha xornada de convivencia, con todas
as medidas de seguridade. Aproveitarán o encontro para coñecer novos proxectos
empresariais da man de persoas que seguen a colaborar con esta iniciativa.
Formando aos novos
profesionais do mar
Relevo2020 é unha novidosa iniciativa formativa
dirixida a mozos de máis de 16 anos a través da que se quixo promover o relevo
xeracional no sector pesqueiro. Esta dirixida a persoas que queiran encamiñar o
seu futuro profesional no sector do mar ou da pesca e, antes de comezar, ven
necesario consolidar ou ampliar a súa formación a través dunha aprendizaxe
totalmente personalizada e gratuíta.
Así mesmo, é un dos tres programas de cooperación dos Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro (GALP) nos que está asociado o GALP Golfo Ártabro Sur, en concreto xunto co GALP A Mariña-Ortegal, GALP Golfo Ártabro Norte, GALP Seo de Fisterra Ría de Muros Noia - Costa Sostible e GALP Ría de Arousa.
Comentarios
Publicar un comentario