Visita á empresa Recuperamos e ao laboratorio Precious Plastic de Adrián Coira para coñecer dúas formas distintas de recuperar os residuos plásticos da pesca

 

Os responsables do GALP Golfo Ártabro Sur e do Proxecto Tanza realizaron a semana pasada unha visita ao territorio para coñecer de primeira man proxectos de economía circular vinculados aos sectores do mar e da pesca

 



En concreto, achegáronse ás instalacións da empresa Recuperamos, en Arteixo, dedicada ao tratamento de residuos de plástico e de cartón da pesca que foi subvencionada polo GALP Golfo Ártabro Sur na pasada convocatoria. Durante a visita guiada ás instalacións situadas no polígono de Sabón, un dos socios de Recuperamos foi o encargado de explicar o tratamento que se lle vai aplicar a ambos materiais, así como a súa saída comercial. Ao grupo uniuse Adrián Coira, experto na iniciativa internacional Precious Plastic, que conta cun laboratorio na cidade da Coruña.

 

Precisamente, a segunda parada da visita foi o taller de Coira onde lles amosou aos responsables institucionais o seu proceso de traballo co plástico con extrusionadoras e moldes, os distintos xeitos de tratar o material reciclado, así como unha pequena mostra de produto (pomos de portas, azulexos, xaboeiras, vaixelas,...)

 

Industria e artesanía
Ambas xuntanzas foron moi produtivas xa que, de primeira man, se puideron avaliar novos xeitos de aplicación da economía circular, a nivel industrial e artesanal, sendo as dúas totalmente viables e adaptables.

 

O obxectivo do GALP Golfo Ártabro Sur e de Tanza é que estas dúas experiencias radicadas no territorio sirvan agora de inspiración para o sector pesqueiro e o da inclusión para o desenvolvemento de futuros proxectos conxuntos.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024