Convocados os XII Premios de Excelencia a la Innovación para Mujeres Rurales
Ata o venres 4 de xuño, as 𝗺𝘂𝗹𝗹𝗲𝗿𝗲𝘀 𝗱𝗼 𝘀𝗲𝗰𝘁𝗼𝗿 𝗽𝗲𝘀𝗾𝘂𝗲𝗶𝗿𝗼 𝗲 𝗮𝗰𝘂𝗶́𝗰𝗼𝗹𝗮 poden concorrer aos XII Premios de Excelencia a la Innovación para Mujeres Rurales en 2 categorías. Estes premios están promovidos por promovidos por la Dirección General de Desarrollo Rural, Innovación y Formación Agroalimentaria del Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación (MAPA).
B) Excelencia á innovación na actividade pesqueira ou acuícola (exclusiva).
C) Excelencia á innovación en diversificación da actividade económica no medio rural ou zonas costeiras rurais.
Promoción dun sector sostible
Este ano, os premios contemplan unha categoría exclusiva para as mulleres do sector pesqueiro e acuícola, baixo o título “Excelencia á innovación na actividade pesqueira ou acuícola”, dirixida a proxectos relacionados con actividades pesqueiras ou acuícolas e complementarias, que utilicen tecnoloxías pesqueiras ou acuícolas que redunden no avance dun sector sostible, eficiente na obtención de produtos de calidade, que responda á demanda das consumidoras e consumidores e que poidan integrar estratexias de comercialización e promoción.
Así mesmo, as profesionais da pesca e a acuicultura tamén poden concorrer á categoría c) “Excelencia á innovación en diversificación da actividade económica no medio rural ou zonas costeiras rurais”. Esta modalidade, compartida co resto de sectores do ámbito rural, está orientada a proxectos que diversifiquen a actividade económica do medio rural, ligados, entre outros, á industria agroalimentaria, á industria dos produtos da pesca ou a acuicultura, á prestación de servizos á agricultura e a silvicultura, ás actividades relacionadas coa prestación de servizos e a integración social e ás actividades turísticas, que favorezan novos ámbitos económicos ou xeren emprego no medio rural ou nas zonas costeiras rurais..
Do mesmo xeito que na anterior edición, en cada unha das categorías anteriores premiaranse tres iniciativas, concedéndose un primeiro, segundo e terceiro premio de 18.000€, 12.000€ e 7.500€, respectivamente.
As persoas e entidades interesadas en participar poden consultar toda a información sobre o procedemento e a documentación necesaria para tramitar a solicitude na sede electrónica do MAPA, a través destas ligazóns:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/557144
Para calquera dúbida sobre a convocatoria, os interesados poden dirixirse á Subdirección Xeral de Dinamización do Medio Rural no teléfono 91 347 15 08 ou no correo electrónico bzn-sgdmr@mapa.es.
Comentarios
Publicar un comentario