Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Golfo Artabro

O bacallau con coliflor, un clásico do nadal galego

Imagen
O bacallau con coliflor é un prato que non só forma parte da tradición culinaria de Galicia, senón que tamén é un símbolo de adaptación, resilencia e herdanza cultural. Este prato, popular nas ceas de Nadal, remóntase a séculos atrás, cando as normas relixiosas da Igrexa católica prohibían o consumo de carne durante o tempo de Advento e Nadal. Nestes tempos de austeridade, as familias galegas buscaban alternativas para alimentarse sen quebrantar os preceptos da fe. Aínda que o bacallau non é un peixe autóctono de Galicia, a súa chegada ás nosas costas está estreitamente vinculada coas rutas pesqueiras do Atlántico Norte. Desde fai máis de cinco séculos, galegos e portugueses establecían comerciais con rexións coma Terranova, no Canadá, onde o bacallau se pescaba e secaba para garantir a súa conservación durante todo o ano, pronto se estableceu como a opción principal para as ceas da noite boa. E foi precisamente nesta época do ano cando se comezou a combinar coas verduras de tempada, e...

O proxecto que aposta polo peixe fresco, innovación e tradición desde o GALP Golfo Ártabro Sur

Imagen
O pasado mércores, 20 de novembro, o GALP Golfo Ártabro Sur participou na xornada “GALPs, unha ferramenta para o territorio”, organizada polo GALP Ría de Arousa no Auditorio do Concello de Vilagarcía de Arousa. Este evento serviu para destacar iniciativas innovadoras que están a transformar o sector pesqueiro en Galicia, poñendo en valor a venda de peixe fresco e os produtos locais. Na sección final, dedicada á presentación de exemplos de éxito, o xerente do grupo. Federico López, deu a coñecer o proxecto GALP8 004: Apertura, modernización e innovación dun novo posto de venda de peixe, unha iniciativa financiada polo GALP Golfo Ártabro Sur, que combina tradición e innovación para impulsar o consumo sostible de produtos do mar. Entre as melloras deste proxecto, destaca a instalación da primeira máquina expendedora de Galicia para peixe e marisco fresco envasado ao baleiro. Este sistema permite aos consumidores acceder de forma rápida e cómoda a produtos de alta calidade. Ademais, modern...

Innovación e tradición, a modernización da Pescadería Sonia no Mercado de Elviña gracias ás axudas do GALP Golfo Ártabro Sur

Imagen
  A modernización da Pescadería Sonia no Mercado de Elviña é un exemplo de innovación que respecta a tradición, impulsada grazas ao apoio do GALP Golfo Ártabro Sur. Este proxecto, que conta agora cunha máquina expendedora de peixe e marisco fresco envasado ao baleiro, representa un cambio significativo para a comercialización de produtos pesqueiros en Galicia. A novidade deste sistema permite aos consumidores adquirir produtos locais de maneira rápida e cómoda, mentres se preserva a calidade e frescura das capturas. Para garantir un espazo moderno e funcional, tamén se fixeron melloras nas instalacións, como a instalación de chans antideslizantes e mostradores de aceiro con sistema de desxeo, pensados para mellorar a seguridade e a presentación dos produtos. Ademais, a pescadería incorporou maquinaria avanzada, incluíndo unha peladora mecanizada que facilita a preparación de peixe para adaptarse ás demandas actuais dos consumidores. A Pescadería Sonia apostou tamén pola transparenc...

O GALP renova a súa Xunta Directiva na Asemblea Xeral de Socios

Imagen
O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur celebrou a Asemblea Xeral de Socios para elixir a nova Xunta Directiva para o próximo exercicio.  No encontro nomeáronse os 17 membros que compoñerán a directiva, escollidos nas mesas sectoriais que se celebraron con anterioridade. Neste encontro votouse quen deles desempeñará os cargos de presidente/a, vicepresidente/a, secretario/a e tesoureiro/a que quedou da seguinte maneira: Presidente: Alberto Castro García Vicepresidenta: Patricia Amado Varela Tesoureira: Adelina Pérez Barredo Secretario: José Garrote Martín O evento reuniu a socios e representantes das diferentes mesas sectoriais –sector público, do mar, empresarial e social- que con anterioridade designaron aos 17 compoñentes da nova Xunta Directiva, contando con integrantes de diversos organismos e institucións pertencentes ao territorio. Así pois, a Xunta queda composta da seguinte maneira: Nombre Organización ...

O GALP Golfo Ártabro Sur inaugurou hoxe a VIII edición do curso de carpintaría de ribeira en Lorbé

Imagen
O programa está organizado por Os Patexeiros e conta co financiamento do GALP. Ademais de hoxe, terá lugar o 17, 24 e 31 de outubro e o 7 e o 14 de novembro.  Oleiros, 03 de outubro de 2020. - O porto de Lorbé, no Concello de Oleiros, acolleu hoxe a xornada de inauguración da VIII edición do curso de carpintaría de ribeira organizado por Os Patexeiros e financiado polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur. O curso, que estará impartido por profesionais deste eido, celebrarase os días 3, 17, 24 e 31 de outubro e 7 e 14 de novembro os sábados pola mañá, tendo unha duración total de 24 horas.  O alumnado deste curso poderá aprender a preparar as ferramentas de traballo, crear unha embarcación desde o seu inicio, así como o mantemento desta cando estea realizada con tarefas de calafateo, virado de taboas ou de embreado, entre outras. As persoas participantes poderán poñer os seus coñecementos en práctica na embarcación Nordesia, onde realizarán tar...

Comeza o proxecto Relevo2020 para garantir o relevo xeracional no mundo do mar

Imagen
O programa de formación tamén apostará pola sensibilización co medio que nos rodea A iniciativa está promovida por cinco dos oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro que hai en Galicia Ben puntual, ás 18.05h daba comezo onte no auditorio do Museo do Pobo Galego o Acto de Presentación do proxecto RELEVO2020 e facíao da man dunha mesa de mulleres:  - Fátima Abal, alcaldesa de Cambados e membro da xunta directiva do GALP Ría de Arousa, grupo coordinador do proxecto, - Susana Rodríguez Carballo, directora xeral de desenvolvemento pesqueiro e  - Rosa Carballo, xerente do grupo de acción local de pesca Ría de Arousa. Si nalgo coincidiron as intervencións foi en destacar a importancia da formación con mozos e mozas e en sensibilizar de cara ao entorno que nos rodea e en concreto en canto ao sector pesqueiro que, tan  descoñecido resulta á veces aínda para algunhas persoas. O cambio de mesa deu paso á parte máis técnica da iniciativa na que, a xerente do GALP de Arousa es...

O proxecto Relevo2020 ultima a súa botadura

Imagen
O proxecto de colaboración RELEVO 2020 é unha iniciativa de carácter formativo promovida por cinco dos oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro que hai en Galicia. Despois de máis de dous meses adicados á promoción e difusión, contacto con entidades colaboradoras e captación de alumnado o proxecto RELEVO 2020 preséntase nun ACTO que terá lugar o vindeiro xoves día 3 de setembro ás 18h no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela. A iniciativa que prevé comezar coas sesións presenciais entre o 15 e o 20 de setembro, diríxese a mozos e mozas maiores de 16 anos que estean empadroados nalgún dos 50 concellos que conforman os territorios dos cinco GALP promotores (ver información en relevo2020.org). O proxecto desenvolverase en dous cuatrimestres (o primeiro de setembro a decembro de 2020 e o segundo de xaneiro a abril de 2021) e contará con 30 prazas en cada un dos territorios, que serán cubertas por orde de inscrición e atendendo a un reparto homoxéneo nos concellos dos terri...

Segunda fase da adxudicación de axudas para proxectos non produtivos

Imagen
O Galp Golfo Ártabro Sur comunica que mañá, 1 de setembro, será o último día para presentar propostas para a segunda fase da adxudicación de axudas para proxectos non produtivos ao abeiro da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo. Chámanos e axudarémoste a presentar a túa iniciativa ante a Xunta de Galicia. GALP Golfo Ártabro Sur 📬 Avenida do Porto, 21, baixo (Casa do Mar) Sada. ☎️ 881896417 - 617867820 📧 galp.mar.golfoartabrosur@xunta.gal 

O ministerio de Pesca recoñece o traballo de Pescaderías Sonia, proxecto ao abeiro do GALP

Imagen
·          O ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e a Rede Española de Mulleres no Sector Pesqueiro recoñeceron a iniciativa de emprendemento en feminino, ao abeiro do GALP Golfo Ártabro Sur. ·          O proxecto é pioneiro no sistema de venda de peixe fresco e de proximidade a través dunha máquina expendedora. ·          Esta mañá o secretario do GALP, José Garrote, e o xerente, Federico López, fixeron entrega dunha reprodución do artigo de boas prácticas á responsable da peixería, Sonia Amor. Sada, 19 de agosto do 2020.- Pescaderías Sonia , un dos proxectos ao abeiro do financiamento do  Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur , foi recoñecida como iniciativa de “ boas prácticas  emprendedoras promovidas por mulleres do sector e en materia de  igualdade ”. Este distintivo é o...

Capacitación de mozos e mozas en busca do relevo xeracional no sector pesqueiro

Imagen
O proxecto de colaboración RELEVO 2020 é unha iniciativa de carácter formativo promovida por cinco dos oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro que hai en Galicia O GALP Golfo Ártabro Sur xunto con outros catro GALP galegos (GALP Golfo Ártabro Norte, Seo de Fisterra Ría de Muros-Noia Costa Sostible, GALP Ría de Arousa e GALP Mariña Ortegal) promove un proxecto de colaboración centrado na capacitación de mozos e mozas , a través da formación e dun mellor coñecemento dos recursos do territorio, a fin de fomentar e acadar o relevo xeracional no sector pesqueiro . O proxecto ofrecerá unha visión global do sector aos participantes, coa que se lles facilitarán ferramentas e recursos que lles permitan orientar o seu futuro en relación ao sector do mar. A iniciativa que xa está na súa fase de arranque, coa posta en marcha da preparación das actuacións que se van desenvolver, vai destinada a mozos e mozas dos 16 aos 30 anos que pertenzan a algún dos 50 concellos que conforman...

O GALP Golfo Ártabro Sur avanza nunha alianza con ABANCA para o financiamento a medida dos proxectos produtivos

Imagen
Imaxe do encontro telemático O GALP Golfo Ártabro Sur avanzou nos termos dunha alianza con ABANCA que permitirá que os proxectos produtivos beneficiarios das axudas europeas xestionadas polo GALP obteñan un financiamento a medida . Todos os grupos de acción local pesqueira de Galicia reuníronse de forma telemática co director de ABANCA MAR, Javier Fraga, e o coordinador de ABANCA MAR en Galicia, Miguel Ríos, para desenvolver este convenio de apoio ás zonas costeiras. A cita serviu para que os GALP expuxesen o punto no que se atopan os programas de axudas que xestionan e que promoven o investimento en zonas costeiras no ámbito da creación de emprego, igualdade, diversificación e cultura vinculada ao mar, co obxecto de xerar actividade en zonas costeiras. O encontro de traballo serviu tamén para rubricar e dar continuidade ao marco de colaboración financeira que mantén ABANCA cos GALP galegos. Estes protocolos están adaptados ás necesidades dos grupos, con distintas alternativas de fi...

A pandemia acelerou e dixitalizou trámites que favoreceron o funcionamento do sector. E sobre todo, puso en evidencia o valor das persoas e a súa seguridade dentro das organizacións

Imagen
O día despois deste atípico San Xoán, Manuel Casal aténdenos por teléfono cunha enerxía que contaxia. Xerente de Frigoríficas Botana, unha empresa conxeladora que opera con peixe fresco e conxelado situada no porto da Coruña, danos a súa visión global do sector, o que supuxo para a súa empresa e as oportunidades que está provocando. Comezamos! 1.        Para poñernos en situación, podedes contarnos un pouco sobre a vosa actividade? Si claro, Frigoríficas Botana traballa en dous tipos de mercado; o de fresco que fornece ao mercado no día a día e o de conxelado, onde vai o produto que non foi ao mercado de fresco, excedente, campañas ou ata especies migratorias. É dicir, mercamos produto nas canles locais, procesámolos e aportamos valor engadido neste proceso para a posteriori comercializalo en múltiples canles, sobre todo en mercados internacionais como África, Oriente medio e Europa do Leste, aínda que tamén cada vez máis Asia. Por exemplo, que este...

​ “Todos e todas no grupo nos esforzamos e nos reinventamos un pouco e, a verdade, saíu bastante ben”

Imagen
O grupo Isaac Lema, formado por Subastas Faraldo , Isaac Lema Pescaderías e Congelados la Naviera , é un exemplo de que con traballo e esforzo todo é posible. E por iso se suman á campaña “Queda co noso mar” , para contarnos como conseguiron saír exitosos da crise do COVID-19 e como ven o futuro do sector pesqueiro. Unha visión de futuro moi importante e moi a ter en conta a desta empresa, cuxas premisas son a innovación e a calidade. Moi atentos/as! 1.        Como vivistes no grupo a situación provocada polo COVID-19? Como a vedes agora? Cando se decretou o Estado de Alarma o que fixemos foi mandar a traballar dende a casa a toda a xente que non era imprescindible fisicamente na empresa. Por outro lado, como unha parte dos clientes correspóndese co sector da hostalaría e esa xente si que parou, o que fixemos foi poñer máis esforzo nas áreas comerciais (Carrefour, Alimerka, etc.) e nos mercados centrais, para recuperar esa parte da venda que esta...