Traiñeiras e campamentos mariñeiros para impulsar o remo tradicional e os valores ambientais en Oleiros




O GALP Golfo Ártabro Sur amosou o seu compromiso co remo tradicional a través de proxectos como o de “Posta en valor do remo tradicional e dos valores naturais e patrimoniais do Golfo Ártabro Sur”. Esta iniciativa levouse a cabo no 2018 no concello de Oleiros, concretamente nos clubs de remo Club Regatas Salgado-Perillo e Centro Deportivo Mariñeiro de Mera.

O plan tiña como obxectivos poñer en valor o remo tradicional, así como os valores ambientais e patrimoniais do Golfo Ártabro Sur, incrementar e dinamizar o turismo na zona e, ademais, implementar boas prácticas medio ambientais nos diferentes eventos deportivos deste ámbito.

Para conseguir estas metas organizáronse regatas de traiñeiras feminina e masculina, actividades de concienciación ambiental vencelladas ás regatas -incidindo no persoal dos clubs, socios e monitores de actividades marítimas- e aos centros educativos do territorio do Golfo Ártabro Sur, así como campamentos mariñeiros en época estival. Deste xeito búscanse impulsar os comportamentos ecolóxicos responsables e modelos de conducta sustentables.

Coñecede o proxecto en detalle na súa páxina web https://tradicionartabra.es/, onde tamén poderedes atopar pequenas accións que axudan a protexer o mar.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Aberta a nova convocatoria de axudas 2024

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024

Un estudo ambiental contabiliza en 2.226 a poboación de especies mariñas e terrestes do territorio