ABERTA A CONVOCATORIA DE AXUDAS 2025

Desde o GALP Golfo Ártabro Sur queríamos informarche de que xa está aberta a nova convocatoria de axudas, cofinanciadas polo Fondo Europeo FEMPA e a Consellería do Mar. A convocatoria está destinada a asociacións, entidades locais e PEMES do sector pesqueiro ou actividades relacionadas co mar. Apoiamos iniciativas que melloren o tecido produtivo en Arteixo, A Coruña, Bergondo, Cambre, Culleredo, Oleiros e Sada. Investimentos financiables: ✅ Mellora na cadea de valor do sector pesqueiro ✅ Sostibilidade ambiental e diversificación ✅ Mellora da competitividade do sector marítimo ✅ Desenvolvemento local e preservación das tradicións pesqueiras Orde de axudas: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250221/AnuncioG0427-120225-0003_es.html Solicita a túa axuda: https://galpartabrosur.com/axudas/ Se necesitas máis información ou asesoramento, contacta con nós: 📞 881 89 64 17 📧 galpgolfoartabrosur@gmail.com 🌐 www.galpartabrosur.com 📍 Avenida do...