“Son do Mar” narra a historia mariñeira de Sada a través dun roteiro teatralizado



·         O Golfo Ártabro Sur organiza esta ruta que pretende reflectir o pasado e o presente das persoas maiores e do seu labor no mar.

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur organiza o primeiro roteiro teatral que se celebrará no porto e nos núcleos mariñeiros do concello de Sada. “Son do mar” reflectirá o pasado e o presente das persoas maiores e do seu labor no mundo do mar. O evento terá lugar o domingo 27 de outubro ás 11:00 horas, sendo a Praza de San Roque o punto de encontro.

O evento constará de 10 escenas teatrais centradas nos anos 40 e 50. A actividade estará protagonizada por homes e mulleres do mar, alumnado dos centros educativos de Sada, asociacións culturais do Concello e todas aquelas persoas que se animen a participar. Un grupo que abarca idades que van desde os 5 anos ata os 90. Esta acción pretende impulsar, dignificar e proxectar a cultura mariñeira, a través dunha ruta pola historia de Sada.

As persoas interesadas poderán inscribirse a través dun formulario (FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN), enviando un correo electrónico a galpgolfoartabrosur@gmail.com ou chamando ao 881 896 417.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024