Impulso aos produtos locais no primeiro encontro de emprendores das Mariñas en Culleredo




·         O evento forma parte dun dos proxectos do GALP Golfo Ártabro Sur e contou cun financiamento de 59.500 euros.
·         Produtores do mar e da terra déronse a coñecer nun evento que contou con obradoiros de cociña, conferencias e degustacións.

O Espazo Multiusos do paseo marítimo do Burgo, en Culleredo, acolleu o primeiro encontro de produtores do mar e da terra “MARIDAR. Sabor das Mariñas”. Esta iniciativa deu a coñecer as micro, pequenas e medianas empresas que producen, transforman ou ofrecen produtos locais. Deste xeito, a acción tiña como obxectivos principais o desenvolvemento económico local da comarca das Mariñas e a consolidación dos propios produtores, que estableceron entre si novas sinerxías.

MARIDAR ofreceu unha programación que incluíu charlas, obradoiros de cociña, degustacións e obradoiros infantís. O GALP Golfo Ártabro Sur contou cun stand propio no evento, onde promover os proxectos que levou ou está a levar a cabo.

O evento contou co financiamento do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur e estivo organizado pola Federación de Asociacións Empresariais das Mariñas (FAE). Á súa vez, foi patrocinado pola Xunta de Galicia a través da Consellería do Mar. O encontro tamén contou coa colaboración do Concello de Culleredo. A iniciativa contou cun investimento de 59.500 €.   

Con este tipo de proxectos o GALP busca dar impulso aos produtores locais, fomentando os modelos de produción e consumo sostibles e responsables que respecten o medio ambiente.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024