“Un mar de oportunidades laborais” pretende impulsar a inserción profesional das persoas con diversidade funcional
O Golfo Ártabro Sur amosa o
seu compromiso coa inserción de persoas con diversidade funcional no
mundo laboral. Dentro das iniciativas que leva a cabo neste ámbito, a
asociación organiza o evento “Un mar de oportunidades laborais”. O
encontro terá lugar o 29 de outubro ás 16:30 horas no Edificio
de Servizos Múltiples de Culleredo.
O evento busca dar a coñecer os
avances que se están obtendo na inserción laboral das persoas con diversidade
funcional, amosando os diferentes proxectos financiados polos GALP galegos en
relación ás boas prácticas na Diversidade Funcional. Con isto búscase crear
novos proxectos e sinerxías no territorio. Asociacións do territorio
presentarán todos os programas, metas e logros para alcanzar a desexada
empregabilidade. Tamén participarán no evento persoas con diversidade funcional
que exporán ao público a súa experiencia persoal á hora de atopar un traballo.
As charlas rematarán cunha mesa
redonda na que se poderán aportar ideas e crear novos lazos e iniciativas. As
persoas interesadas en participar poderán inscribrise a través do seguinte
formulario de inscrición https://bit.ly/2Vwyrks, mandando un correo a galpgolfoartabrosur@gmail.com ou
chamando ao 881.896.417.
Comentarios
Publicar un comentario