O GALP Golfo Ártabro Sur visita La Palma nunha viaxe de estudo do sector pesqueiro e acuícola da illa
· Representantes
do GALP Golfo Ártabro Sur están a realizar unha visita-estudo do territorio
para coñecer a realidade da zona, os proxectos que se están a levar a cabo no
ámbito do mar e establecer novas sinerxías.
Sada,
23 de outubro.- Coñecer a realidade do sector pesqueiro e acuícola do
territorio, os proxectos que se desenvolven na zona, así como establecer
sinerxías, son os motivos polos que o Grupo de Acción Local do Sector
Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur se atopa de viaxe-estudo na illa
da Palma. O GALP visitou e visitará diversas entidades ao longo da súa
viaxe. Entre os encontros atópase a reunión do presidente, Alberto
Castro García, o secretario, José Garrote Martín, e o xerente do
GALP, Federico López Viñas, co presidente do Cabildo Insular
de La Palma, Mariano Hernández.
Na
xuntanza puideron falar dos proxectos e iniciativas que se están a levar a cabo
no marco do Desenvolvemento Local do Sector Pesqueiro. Neste evento tamén
estiveron presentes a concelleira de Promoción Económica do Concello de
Arteixo, Patricia Amado Varela, e a alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez
Máquez.
Nesta
viaxe os representantes do GALP están a coñecer iniciativas e experiencias
vencelladas ao turismo pesqueiro e acuícola, a comercialización
de produtos do mar e ao impulso do patrimonio material
e inmaterial do mar.
Desde
a súa chegada á illa, os representantes do GALP encontráronse con membros
do GALP ADER La Palma, da Axencia Insular do Mar,
das Confrarías de Pescadores Nuestra Señora de Las Nieves e Nuestra
Señora del Carmen, da Fundación Reserva de la Biosfera
de La Palma, e da Reserva Marina de La Palma.
O
xerente do GALP explicou que “esta viaxe á Palma serviranos para
coñecer os proxectos que se están a desenvolver neste territorio, para estudar
a posibilidade de implementar iniciativas exitosas no territorio do noso GALP e
establecer novos contactos e colaboracións”.
Comentarios
Publicar un comentario