A UE convoca as axudas de Enerxía Oceánica



Os océanos e os mares do noso planeta constitúen unha fonte de enerxía limpa e renovable. Consciente disto, a Unión Europea (UE) pretende que o emprego deste tipo de enerxía axude a chegar a un dos seus obxectivos: que o 32% do consumo da UE para o ano 2030 sexa a partir de fontes que respecten o medio ambiente.

A UE, líder en tecnoloxías da enerxía oceánica, continúa dando pasos para aproveitar o potencial enerxético que ofrece o mar. Sen embargo, tamén é consciente da necesidade de establecer un plan para que ao empregar a enerxía que a natureza ofrece, non se cause impacto na vida mariña.

O monitoreo e a avaliación do impacto que se produce no mar darán lugar a unha mellor comprensión e a unha evolución adecuada no sector da enerxía neste ámbito.

Por todo isto, a UE, co apoio do Fondo Europeo Marítimo de Pesca (FEMP), fai un chamamento nesta área que ten como obxectivo obter máis información medioambiental que dea a coñecer mellor o impacto dos dispositivos de enerxía oceánica, contribuíndo a reducir a súa pegada na contorna. Desta forma os promotores da enerxía oceánica e as autoridades encargadas de outorgar licencias neste ámbito poderán ter unha guía. Tamén se busca o impulso do debate público nesta área.

O ámbito de acción inclúe toda a Unión Europea. Tamén poden ser tomadas en consideración algunhas accións externas. As entidades e organizacións terán ata o 1 de xaneiro para presentar propostas. Máis información no seguinte link https://bit.ly/2o7x3YR.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024