Persoas con diversidade funcional coñecerán o mundo mariñeiro da man do Golfo Ártabro Sur



O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur achega ás persoas con diversidade funcional ao mundo mariñeiro a través de “Un mar de ilusións”. Esta actividade, que se desenvolverá o 28 de outubro ás 10:30 horas na lonxa de Sada, pretende que os participantes coñezan máis sobre os pesqueiros e sexan partícipes dunha poxa de peixe.

O evento contará cunha representación teatral a cargo da asociación Melandrainas e constará de dous talleres. O primeiro terá relación co medio ambiente, e nel falarase de residuos mariños, como previlos e reducilos e o labor tan importante que desempeñan os pescadores para conseguilo. No segundo taller realizarase un mural no que se representarán os fondos mariños.

A actividade organizada polo Golfo Ártabro Sur contará coa colaboración da Confraría de Pescadores de Sada, a Asociación de Armadores de Cerco de Galicia (ACERGA), do Concello de Sada e do patrón do cerqueiro OLNADI, que protagonizará a descarga ficticia de peixe na lonxa do porto de Sada.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024