Aberto o prazo para solicitar as axudas Sherpa Journeys para proxectos relacionados co ámbito do mar


  • A liña de subvencións, enmarcada en Sherpa do Mar, impulsará 12 iniciativas ou negocios vencellados ao sector marítimo-mariñeiro na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
  • O prazo para presentarse a elas rematará o vindeiro 15 de setembro.

Se queres poñer en marcha un proxecto vencellado ao mundo do mar estás a tempo de solicitar as axudas do programa Sherpa Journeys, enmarcado dentro do proxecto Sherpa do Mar. Esta iniciativa pretende apoiar un total de 12 proxectos ou ideas de negocio que estean ligados, de forma directa ou indirecta aos ámbitos mariño e marítimo.

O proxecto ‘Sherpa do Mar: Plataforma Eurorrexional Galicia-Norte de Portugal de fomento da competitividade no ámbito mariño-marítimo a través do impulso de empresas de base tecnolóxica’ constitúe unha plataforma de cooperación trasfronteiriza que busca xerar un ecosistema de emprendemento na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, co impulso da creación de novas empresas no ámbito e o apoio das xa existentes.

Os proxectos que se beneficien destas subvencións poderán formar parte dun catálogo en liña que lles permitirá ampliar a súa rede de contactos e establecer novas sinerxías. Á súa vez, contarán cun servizo de apoio ao longo de 14 meses que incluirá un seguimento e monitarización constante, coa finalidade de deseñar una estratexia que se adapte á evolución de cada iniciativa ou negocio. Á súa vez, tamén se facilitará a asistencia a determinados eventos que posibilitarán novas tomas de contacto e ampliación de horizontes a través de posibles colaboracións e investimentos.

Como condicións principais para solicitar esta liña de axudas á economía azul:

·         A iniciativa deberá desenvolverse na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

·         Aportar un produto ou servizo innovador.

Esta iniciativa cofinánciase ao 75% por fondos FEDER e ten como día límite para inscribirse ata o vindeiro día 15 de setembro.

Podedes consultar toda a información na súa páxina web https://www.sherpadomar.com/sherpa-journeys

Comentarios

Entradas populares de este blog

Aberta a nova convocatoria de axudas 2024

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024

Un estudo ambiental contabiliza en 2.226 a poboación de especies mariñas e terrestes do territorio