O GALP recibiu dúas novas iniciativas na convocatoria de proxectos non produtivos de setembro
- As
actuacións consisten na mellora da infraestrutura da lonxa de Sada e na
conservación dunha embarcación tradicional.
O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur
recibiu dous novos proxecto non produtivos na convocatoria de
setembro.
O primeiro deles está promovido polo Concello de Sada e consiste na conservación da embarcación tradicional de patexo bautizada como Balbina.
O segundo pretende mellorar o equipamento da lonxa de Sada a través da colocación dun fabriquín de xeo nas instalacións. Neste caso, a iniciativa está promovida pola Confraría de Pescadores de Sada.
Desde o GALP destacan que seguen a recibir proxectos e a empregar os seus fondos para o desenvolvemento do territorio.
Comentarios
Publicar un comentario