Os GALP de Galicia acordan flexibilizar a súa estratexia para adaptarse ás necesidades do sector do mar ante a situación xerada pola Covid-19


O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur participou na reunión de GALPs e Organismos Intermedios de Gestión (OIG) de Galicia na que se trataron os retos e desafíos aos que se enfrontan estes entes nesta etapa marcada pola crise sanitaria.

Na reunión telemática chegouse a importantes conclusións. A primeira delas, a necesidade de flexibilizar a posibilidade de modificar a estratexia de desenvolvemento local participativo (EDLP) ante a situación xerada pola Covid-19 co obxectivo de adaptarse ás necesidades do sector do mar que deriven da situación xerada pola Covid-19.  

No encontro tamén se suxeriron posibles cambios para adaptar as funcións atribuídas aos GALP, tal e como se recolle na guía de FARNET “Aplicación efectiva del desarrollo local participativo”. Por outra banda, tamén se anunciou a reactivación do funcionamento da Área Privada dispoñible na páxina web da Red Española de Grupos de Pesca (REGP) na que se poderán atopar foros de participación e unha zona privada de acceso a documentación. Esta ferramenta de comunicación pode axudar a mellorar o contacto entre os diferentes xerentes que conforman a REGP, aspecto esencial nesta nova realidade na que nos atopamos.

Na conferencia tamén se tratou a novidosa iniciativa #QuedaCoNosoMar, campaña conxunta de todos os GALP galegos para visibilizar o sector pesqueiro e o enorme traballo que está  a realizar nestes complicados momentos.  

Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024