Horno San Isidro gaña o premio ao mellor stand na segunda edición de Maridar: Sabor das Mariñas
- A panadería forma parte dun dos proxectos ao abeiro do GALP Golfo Ártabro Sur, a raíz do que se mellorou seu equipamento e se impulsou a comercialización dos seus produtos.
Sada, 14 de setembro de 2020.
Horno San Isidro gaña o premio ao mellor stand na segunda edición de ‘Maridar: Sabor das Mariñas. 2º Encontro de Produtores do Mar e da Terra, Ocio e Turismo de As Mariñas’ pola súa deliciosa oferta gastronómica. As súas empanadas do mar levaron o recoñecemento deste encontro de produtores da comarca das Mariñas.
O establecemento forma parte dun dos proxectos ao abeiro do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur, a través do cal se instalou un forno industrial nas súas instalacións e se creou unha páxina web para a venda dos seus produtos, elaborados con produtos do mar e da terra de calidade e proximidade. A través desta iniciativa, o GALP conseguiu mellorar o equipamento deste local e impulsar a súa posta en valor.
Comentarios
Publicar un comentario