O cerco demanda máis cota e incide nas accións medioambientais que se realizan no sector pesqueiro na III edición das súas xornadas


  • No encontro o cerco puxo en relevo a falta de cotas, incidindo en que a súa actividade ten un baixo impacto medioambiental.
  •   O GALP Golfo Ártabro Sur participou no evento organizado por Acerga, que contou con entidades e investigadores do mar para analizar a situación pesqueira nesta materia.

Sada, 21 de setembro de 2020.

A Casa do Concello de Sada acolleu a III edición da xornada da frota de cerco “Prácticas de Pesca Sostibles” organizada pola Asociación de Armadores de Cerco de Galicia (Acerga). No encontro, o cerco puxo en relevo a falta de cotas, incidindo en que a súa actividade ten un baixo impacto medioambiental.

No encontro celebrado ao longo desta mañá participaron diferentes entidades e investigadores e investigadoras do mundo do mar, que puideron tratar o desenvolvemento sustentable da pesca a través de diferentes relatorios e coñecer que actuacións se poden levar a cabo desde o sector para protexer o medio ambiente.

Na inauguración participaron a conselleira do Mar, Rosa Quintana; o presidente do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur e secretario de Acerga, Alberto Castro; o presidente de Acerga, José M. Saavedra; o voceiro, Andrés García; e o alcalde de Sada, Benito Portela.

O evento contou cun amplo abano de relatores, sendo o encargado de abrir a xornada o voceiro de Acerga, Andrés García, que incidiu nas adaptacións da frota de cerco de Galicia á Política Pesqueira Común.

O cerco manifestou na xornada a falta de cotas, incidindo en que o seu traballo consiste nunha arte moi selectiva que ten un baixo impacto no medio ambiente. No acto manifestouse que desde o cerco se conseguiu recuperar a especie da sardiña, cunha política imposta por este organismo nos anos 80.


Continuou o acto coa sesión denominada “Pasado, presente e futuro de Acerga”, temática exposta por Genma Laso, directora de Inxenia Consultoría de Innovación. O seguinte relatorio foi a cargo de Julio Valeiras, investigador do Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía (IEO), que explicou diferentes prácticas para evitar capturas non desexadas. Pechou as exposicións Hector Villa, subdirector xeral de Caladero Nacional y Aguas de la Unión Europea, tratando a repercusión e importancia da orde OMNIBUS sobre a frota de cerco.  

Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024