O GALP ultima sinerxías para comezar o proxecto Tanza


  • Representantes do GALP Golfo Ártabro Sur están a rematar a rolda de contactos con entes do mar e asociacións de inclusión social para poder comezar o proxecto.
  • Na iniciativa conxunta participan outros cinco GALP de Galicia.

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur está a ultimar a rolda de contactos coas asociacións de inclusión social e os entes do ámbito do mar do territorio para poñer en marcha o proxecto “Tanza: inclusión social, sector pesqueiro, economía circular”.

Esta iniciativa pretende impulsar a inclusión social e laboral das persoas con diversidade funcional no sector do mar. O GALP participa nela xunto cos outros GALP galegos que forman parte do proxecto: Golfo Ártabro Norte, Mariña – Ortegal, Costa da Morte, Costa Sostible e Ría de Arousa.

A iniciativa permitirá establecer sinerxías entre os diferentes entes do ámbito do mar e entidades de inclusión social, incrementando a empregabilidade das persoas con diversidade funcional. O proxecto tamén servirá para concienciar ao sector pesqueiro en materia medioambiental.

Ao longo das últimas semanas celebráronse xornadas de divulgación que tiveron por obxectivo establecer novos contactos e oportunidades dentro deste campo. Nesta fase inicial tamén se están a analizar as mellores vías de colaboración atendendo ás necesidades do sector.

A iniciativa aprobouse no marco da convocatoria 2020 de axudas dirixidas a programas de cooperación interterritoriais e transnacionais dos GALP no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca e conta cun investimento de máis de 108.700 euros. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024