Xornadas dixitais para converter o lixo mariño en arte e concienciar sobre a contaminación


  • No V Encontro Internacional do Lixo Mariño, organizado polo CEIDA, Mar de Fábula e RetoqueRetro, falarase da desembocadura de residuos no mar e de como estes poden empregarse para crear arte que sirva para concienciar e sensibilizar sobre este problema ambiental.
  •   As sesións desenvolveranse de 10:00 h a 12:00 h os días 30 de setembro e 1 e 2 de outubro a través da canle de Youtube do CEIDA.
  • O xerente do GALP Golfo Ártabro Sur, que colabora nestas xornadas, estivo na inauguración celebrada hoxe.  

A V edición do ‘Encontro Internacional do Lixo Mariño: Crebeiros no Mundo’ foi inaugurada esta mañá. O evento, organizado polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), Mar de Fábula e RetoqueRetro coa colaboración do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur, celebrará esta edición de forma dixital ante a situación xerada pola Covid-19. Nas xornadas, que se iniciaron hoxe, falarase da problemática do lixo mariño e de como este pode ser reempregado para crear arte que conciencie e sensibilice a poboación sobre a contaminación.

Na apertura destas conferencias participou o xerente do GALP Golfo Ártabro Sur, Federico López Viñas. “Agardo que estas xornadas nos sirvan como punto de encontro para ver en que situación se atopa o lixo mariño e como traballan as diferentes entidades neste ámbito”, indicou. Na súa intervención tamén quixo destacar ao apoio do GALP a este tipo de eventos de concienciación ambiental e destacou que “agardamos seguir colaborando co CEIDA, Mar de Fábula e RetoqueRetro neste tipo de accións, así coma noutras, como as exposicións que levaremos a cabo na área”, afirmou.

As sesións do ‘Encontro Internacional do Lixo Mariño: Crebeiros no Mundo’ levaranse a cabo de 10:00 a 12:00 horas hoxe, día 30 de setembro e o xoves 1 e o venres 2 de outubro a través da canle de Youtube do CEIDA, aberta a toda as persoas interesadas no tema.  

Expertos de Galicia, España e de diferentes países como Portugal, Malasia ou Bretaña serán os encargados de achegar ao público información sobre temáticas como os plásticos na fauna mariña ou os sistemas de depósito para recuperar envases. A través deste foro medioambiental, os organizadores e colaboradores pretenden poñer en relevo unha problemática que afecta á biodiversidade da contorna e de todo o mundo, e que é preciso frear.

 

PROGRAMA

MÉRCORES, 30 DE SETEMBRO, 10 a 12 h.

 Benvida aos participantes.

 Centro de actividades ambientais de Mar de Fábula

en Camelle: unha realidade. Xosé Manuel Barros e

Kika V. Ramil. Asociación Mar de Fábula (Galicia).

 En defensa da arte do medio mariño. Javier

Serantes. Asociación RetoqueRetro (Galicia).

 WE - Rethink Globally, Act Locally. Óscar Vales. WE

Sustainability project (Galicia).

 Invasión do lixo e subida do mar. A xuventude actúa.

Ana Baneira. Fridays for Future Coruña (Galicia).

 

XOVES, 1 DE OUTUBRO, 10 a 12 h.

 Os plásticos na fauna mariña. Alfredo López.

Presidente da Coordinadora para o Estudo dos

Mamíferos Mariños - CEMMA (Galicia).

 Pescando alternativas: os bens comúns azuis.Paula

Barbeito. Slow Food Foundation for Biodiversity. Slow

Fish Campaign (Italia).

 O mito da reciclaxe escóndese en Asia. O caso de

Malasia. María Marcos. Wildlife Biology, Environmental

Journalist, Natural Guide (Malasia).

 Sistemas de depósito para recuperar envases. Ana

Gutiérrez. Retorna; Renata Fleck. Sciaena (CataluñaItalia).


VENRES, 2 DE OUTUBRO, 10 a 12 h.

 A importancia da compartir a información e

experiencia. Actuar local é actuar global. Simão Acciaioli.

Brigada do Mar (Portugal).

 Ocean Plastic Tracker. Lionel Lucas. Association Ansel

(Bretaña).

 Lixo sonoro, percusión con material reciclado.

Fernando García Conde “Percu”. Biólogo e músico

sevillano, fundador e director da escola LATIDOS

(Andalucía)

Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024