A Rede REMA celebrou unha reunión para tratar as actividades que se levarán a cabo nesta anualidade
- No encontro telemático participou o xerente do GALP Golfo Ártabro Sur, Federico López Viñas, xunto con entidades do territorio deste GALP, como o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) e o Aquarium Finisterrae.
Os xerentes dos Grupos
de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) de Galicia e os representantes dos
27 museos que forman parte da Rede REMA
reuníronse esta semana para tratar as actividades que se levarán a cabo nesta
anualidade.
O encontro realizouse de
forma telemática e nel explicóuselles aos museos as accións que se van
desenvolver ao longo da vindeira tempada. Á súa vez, analizouse o traballo de
campo realizado ata a data, co obxectivo de recoller a información necesaria
para o desenvolvemento das iniciativas programadas no marco deste proxecto.
Tamén se presentou un borrador do deseño das miniguías para os museos que
conforman a rede, así como se debateron as novas propostas de adhesión á Rede
REMA.
Na reunión participou
o xerente do GALP Golfo Ártabro Sur,
Federico López Viñas, xunto con entidades do territorio deste GALP, como o
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) e
o Aquarium Finisterrae.
Rede
REMA
O proxecto de
cooperación Rede REMA, no que participan os 8 GALP galegos, constitúe unha rede
que inclúe un total de 27 espazos museísticos ao longo de toda Galicia. Dentro
desta inclúese a nova iniciativa Pasaporte REMA, coa que se pretende incentivar
a visita a todos estes museos, percorrendo a costa galega, dinamizando deste
xeito o proxecto e difundindo o contido da rede. Unha forma dinámica, atractiva
e divertida de achegar á poboación o rico patrimonio mariñeiro.
Comentarios
Publicar un comentario