Viaxe de estudos para coñecer outros GALP do sur de España e de Portugal
Unha representación da directiva do GALP Golfo Ártabro Sur participa durante esta semana do 25 ao 29 de outubro nunha viaxe de estudos para coñecer en primeira persoa o funcionamento dos GALP Costa Luz e do GAL Sotavento, grupos veciños a ambos lados da fronteira española e portuguesa separados polo río Guadiana. O obxectivo desta experiencia é establecer sinerxias e coñecer os seus proxectos para traer novas ideas que aplicar no noso territorio.
© Cedida GALP Costa LuzTerritorios transfronteirizos separados por un río
O ámbito de actuación de Costaluz enmárcase na comarca Costa Occidental de
Huelva, coñecida internacionalmente como “Costa de la Luz”, que abarca desde a
desembocadura do río Guadiana ata a do Odiel, incluíndo os municipios de Ayamonte,
Isla Cristina, Lepe, Cartaya e Punta Umbría, que representan o 76% da poboación
da comarca e nos cales a pesca é un sector produtivo de gran relevancia.
Comentarios
Publicar un comentario