Achegamento do sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola aos centros de ensino para o relevo xeracional
O proxecto de colaboración RELEVO 2 é unha iniciativa de carácter formativo promovida por seis Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro de Galicia Despois dunha primeira fase na que se realizou a presentación do proxecto nun acto público no Museo do Pobo Galego en Santiago e a captación dos centros educativos para a súa participación, o programa arranca este 2022 con 51 institutos inscritos, máis de 2170 escolares de secundaria participantes e novas actuacións que xa deron comezo a semana pasada. Neste anualidade, que se prolongará ata final de ano, o RELEVO 2 levará cabo as seguintes actuacións: - formación en centros de ensino de cara a coñecer as oportunidades do sector pesqueiro, - visitas a empresas nos diferentes territorios GALP para que o alumnado sexa coñecedor de primeira man dos recursos e oportunidades que ten na súa zona xeográfica, - elaboración dun manual de boas prácticas d...