Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Sada

O Reloxo da Lonxa de Sada: un testemuño da historia pesqueira e da innovación nas subastas

Imagen
Dende a década dos 50, o emblemático reloxo da lonxa de Sada xogou un papel crucial na modernización das subastas de peixe. Con el, as subastas automatizáronse, permitindo que os compradores puidesen poxar comodamente dende os seus asentos. O reloxo marcaba o comezo da poxa, iniciando a ruleta en 900 pesetas e, mentres a cifra descendía, os compradores agardaban o momento oportuno para premer o botón das súas cadeiras. Nese intre, o reloxo detíñase e o peixe quedaba adxudicado ao comprador, cuxo número se amosaba na pantalla. Este sistema revolucionario marcou unha transformación no sector pesqueiro, axilizando e modernizando un proceso tradicional, e converteuse nun símbolo de innovación para a época. Coa inauguración da nova lonxa de Sada, o reloxo pasou a ser un elemento imprescindible nas transaccións, mantendo a eficiencia e a transparencia nas subastas. Hoxe en día a subasta consisten en que unha vez descargado o peixe no porto, é levado á lonxa onde se pesa e etiqueta cada caixa...

Achegamento do sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola aos centros de ensino para o relevo xeracional

Imagen
  O proxecto de colaboración RELEVO 2 é unha iniciativa de carácter formativo promovida por seis Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro de Galicia Despois dunha primeira fase na que se realizou a presentación do proxecto nun acto público no Museo do Pobo Galego en Santiago e a captación dos centros educativos para a súa participación, o programa arranca este 2022 con 51 institutos inscritos, máis de 2170 escolares de secundaria participantes e novas actuacións que xa deron comezo a semana pasada. Neste anualidade, que se prolongará ata final de ano, o RELEVO 2 levará cabo as seguintes actuacións: -           formación en centros de ensino de cara a coñecer as oportunidades do sector pesqueiro, -     visitas a empresas nos diferentes territorios GALP para que o alumnado sexa coñecedor de primeira man dos recursos e oportunidades que ten na súa zona xeográfica, -     elaboración dun manual de boas prácticas d...

Inicio, continuidade e peche de varios proxectos de cooperación GALP

Imagen
  Chegaron á súa fin Rede REMA, Relevo 2020 e iniciaron a súa execución Rimartes ou Bitácoras do mar   A conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacaba o pasado venres 17, durante a clausura da Rede REMA , o importante papel que desenvolven os grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) na salvagarda e na difusión do patrimonio mariñeiro. Nesta liña puxo, precisamente, como exemplo a Rede de Espazos Museísticos Atlánticos (REMA), que naceu como un proxecto de cooperación destes grupos para divulgar a cultura vencellada co mar.   Ao longo da xornada de peche do proxecto Pasaporte REMA, presentáronse resultados de distintas actividades realizadas como a Escape Room 360º para escoalres, entre outras; entregáronse cestas con produtos mariñeiros elaboradas polas redeiras de Corme e premiáronse aos museos que selaron máis pasaportes (selo Remiña). O Pasaporte REMA é unha iniciativa que ten a súa orixe no proxecto Morada Atlántica, no que participaron todos os GALP de ...

Son do Mar celebra o pasado e o presente mariñeiro do territorio do Golfo Ártabro Sur

Imagen
  A presentación da II edición deste roteiro teatralizado tivo lugar o pasado 16 de setembro cunha escenificación representativa do proxecto O pasado e presente do mundo do mar e da pesca no territorio do GALP Golfo Ártabro Sur puxéronse en valor no evento organizado para presentar publicamente a II edición do Roteiro Teatralizado Son do Mar, que en 15 capítulos percorre os preto de 80 quilómetros de costa entre Bergondo, Sada, Oleiros, Cambre, Culleredo, A Coruña e Arteixo. O evento contou coa presencia de Alberto García Castro, presidente do GALP Golfo Ártabro Sur, e Alejandra Pérez Márquez, alcaldesa de Bergondo; e por parte da Consellería do Mar, con Patricia Rodriguez, secretaria territorial de A Coruña. Afonso García Penas, director creativo deste proxecto audiovisual realizado pola agrupación Alentía Teatro e organizado e financiado polo GALP Golfo Ártabro Sur, indicou que Son do Mar pretende afondar nos retos e desafíos continuos que os galegos e galegas do mundo do mar...

Bos resultados da última convocatoria de axudas FEMP 2014-2020

Imagen
  Cos dous proxectos presentados, o GALP Golfo Ártabro Sur esgota o crédito dispoñible para este periodo Despois de cerrar o prazo da segunda convocatoria de axudas FEMP 2014-2020 o pasado 17 de setembro, o GALP Golfo Ártabro Sur manifestou a súa satisfacción polos bos resultados obtidos xa que, cos dous proxectos presentados por dous emprendedores do territorio, conseguiu esgotar o crédito para este período. Para esta convocatoria, o GALP Golfo Ártabro Sur dispoñía dun crédito de pouco mais de 10 mil euros distribuído nos eixos de gobernanza e cooperación, para impulsar o desenvolvemento social e económico dunha zona costeira cun gran potencial. A través destas axudas europeas, a entidade ofrece respaldo económico a actividades innovadoras que valorizan o mar e o aproveitamento sostible dos seus recursos a través da coñecida como economía azul. Desde 2017, a entidade leva promovidas 52 iniciativas produtivas e non produtiva...

En marcha o proxecto colaborativo ''Un mar en común'' para dinamizar o tecido asociativo dos GALP

Imagen
É unha iniciativa dos GALP Ría de Pontevedra, Golfo Ártabro Norte, A Mariña-Ortegal xunto co Golfo Ártabro Sur   Os GALP Ría de Pontevedra, Golfo Ártabro Norte, A Mariña-Ortegal xunto co GALP Golfo Ártabro Sur acaban de poñer en marcha o proxecto colaborativo ''Un mar en común: A afouteza da xente do mar'' co obxectivo de fortalecer o tecido asociativo dos GALP e dotar de ferramentas ás persoas e entidades para mellorar a súa relación e a súa comunicación interna e externa.   O plan de traballo permitirá facer un diagnóstico da situación na que se atopa o sector social e iniciar un conxunto de accións, como talleres e intercambios de boas prácticas, para impulsar a cooperación e a colaboración interterritorial.   O proxecto organízase en catro fases. Na primeira, entrevistaranse aos integrantes das asociacións dos GALP para coñecer as súas posturas. Na segunda terán lugar os cursos de formación seguindo as n...

O Maridar III promove a riqueza dos produtos do mar e da terra da comarca das Mariñas

Imagen
O GALP Golfo Ártabro Sur acudiu ao evento profesional e lúdico cun estand propio para informar e divulgar o labor da entidade   A última fin de semana de setembro, o Galp Golfo Ártabro Sur acudiu cun estand propio á feria "Maridar: 3º Encontro Sabor das Mariñas" p romovida pola Federación de Asociaciones Empresariales de As Mariñas (FAE). Esta 3ª edición do evento profesional celebrouse no paseo de Santa Cristina, en Perillo (Oleiros), despois de que as dúas anteriores se celebrasen en Sada e Culleredo. Igual que nas dúas anteriores ocasións, o Maridar III foi financiado polo GALP Golfo Ártabro Sur para o seu desenvolvemento.   O intenso programa de eventos, gastronómicos, lúdicos e profesionais que incluía o Maridar III prolongouse desde a tarde do xoves 23 ao domingo 26 de setembro  para que veciños e visitantes puidesen gozar coa riqueza dos produtos do mar e da terra da comarca das Mariñas.   Ao acto in...

Novo apoio á oitava edición do Festival Mar de Mares

Imagen
A capela de San Roque de Sada acollerá todo o mes de outubro a exposición “Somos mar II” de artistas galegos ou residentes en Galicia   Outro evento apoiado polo GALP Golfo Ártabro Sur é o 8º Festival Mar de Mares. Entre o 23 e o 26 de setembro, volveu converter a cidade da Coruña nun gran escenario para “celebrar” os mares ao tempo que reivindicar a súa importancia e a necesidade de coidalos para manter a nosa forma de vida. Igual que en edicións anteriores e desde 2019, o festival recibiu unha subvención do GALP Golfo Ártabro Sur para apoiar o seu desenvolvemento. Entre as actividades paralelas que se prolongarán en outubro, a capela de San Roque de Sada acollerá a exposición “Somos mar II” na que artistas galegos ou residentes en Galicia ofrecerán a súa visión do océano e a súa relación cos mares. En distintos formatos, vídeo, escultura, debuxo, instalación e fotografía, estas pezas, creadas especificamente para esta oitava edic...

Entrega dun diploma de boas prácticas á Open Science de Cambre

Imagen
  É un recoñecemento da Red Española de Grupos de Pesca (REGP) que seleccionou o proxecto como evento exemplar     A feira de divulgación científica Open Science , promovida polo Concello de Cambre e polo club de ciencia XentD100cia, tivo este ano como fío condutor os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). Durante toda a fin de semana do 18-19 de setembro, o GALP Golfo Ártabro Sur acudiu cun stand para informar aos asistentes do seu traballo, dos proxectos desenvolvidos, das oportunidades para novos promotores, así como dos proxectos que se están a levar a cabo. Entre eles, polo público asistente ao evento, destacou “RelevoII – Mocidade a Bordo” mediante o cal deuse a coñecer aos máis novos as saídas laborais vencelladas ao mar, e mostrarlles o mundo mariño como un abanico de posibilidades de futuro. Así mesmo, José Garrote, secretario do GALP Golfo Ártabro Sur, foi o encargado de entregar á organización da Open Science un diploma en nome da Red Española de G...

Presentación oficial do II Roteiro Son do Mar

Imagen
  Terá lugar no edificio A Senra, de Bergondo, o próximo xoves 16 ás 18:00 horas O próximo xoves 16 de setembro, ás 18:00 horas , terá lugar a presentación do II Roteiro Teatralizado Son do Mar no edificio A Senra, de Bergondo. No evento contarase coa asistencia do director Afonso García Penas, do equipo de produción e de realización de Alentía Teatro, de varios dos intérpretes principais e máis emblemáticos da serie, así como de membros do GALP Golfo Ártabro Sur, entidade promotora deste proxecto audiovisual de recuperación da memoria mariñeira. Debido á pandemia sanitaria, o GALP Golfo Ártabro Sur tivo que atrasar esta evento presencial ata que as condicións sanitarias se consideraron seguras para organizar un acto público. Neste sentido, a asistencia farase mediante convite directo.   Durante o encontro, o elenco asistente escenificará un fragmento desta historia para presentar os 15 capítulos que artellan esta viaxe experiencial polo pasado e o patrimonio mariñeiro dos set...

O novo programa RELEVO 2 achegará o sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola aos centros de ensino galegos para fomentar o relevo xeracional

Imagen
O proxecto desenvolverase nas anualidades 2021 e 2022   Os Galp Golfo Ártabro Sur, Ría de Vigo - A Guarda, Ría de Pontevedra, Ría de Arousa, Golfo Ártabro Norte e A Mariña Ortegal promoven o novo proxecto de colaboración Relevo2 a través do que queren trasladar ao alumnado dos centros de ensino de na nosa comunidade. O proxecto desenvolverase nas anualidades 2021 e 2022.   Entre os seus obxectivos atópanse: Poñer en valor o sector pesqueiro entre a comunidade escolar en idade de traballar e/ou de escoller estudos superiores. Valorizar o sector pesqueiro en termos económicos, dando a coñecer a demanda real existente para diferentes postos de traballo no mar e dando a coñecer as saídas profesionais existentes no mesmo. Ofrecer unha formación máis cuantitativa, que pretende achegar a realidade do sector pesqueiro en termos de oportunidades laborais, a fin de captar persoas que conformen ese relevo xeracional.   O programa divídese en tres bloques principais...

Comparativa entre o FEMP e o novo FEMPA 2021-2027

Imagen
  O Fondo Europeo Marítimo e de Pesca e Acuicultura abre un grande abano de posibilidades para os GALP que xa están adaptando as súas estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (DLP)   A comezos de xullo pasado, en concreto o martes 6, o pleno do Parlamento Europeo daba luz verde ao novo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca e Acuicultura (FEMPA) para o período 2021-2027 cun orzamento de 6.108 millóns de euros, do que España será o principal receptor con 1.200M€.   Co FEMPA 2021-2027, que se aplicará retroactivamente desde xaneiro pasado, a UE quere dar un especial impulso ao relevo xeracional no sector do mar, á pesca de baixura e ás rexións ultraperiféricas (como as illas Canarias) no marco dun instrumento que ten como principais liñas de accións protexer e restaurar a biodiversidade mariña, a acuicultura e a pesca de baixura, a eficiencia enerxética, o relevo xeracional, o despezamento dos barcos antigos ou o incremento da seguridade a bordo.   No c...

O GALP Golfo Ártabro Sur e ABANCA renovan o convenio de colaboración para apoiar os proxectos do sector pesqueiro

Imagen
O obxectivo é ofrecerlle a todos os promotores, xa sexan persoas individuais ou empresas, unha ferramenta para garantir a viabilidade económica das súas iniciativas.   O GALP Golfo Ártabro Sur acaba de renovar o convenio de colaboración coa entidade bancaria ABANCA a través do cal os proxectos beneficiarios das súas axudas poderán optar a un financiamento a medida, se así o precisan. A firma, debido á situación sanitaria, tivo lugar online. No marco deste acordo, ABANCA aplicará liñas de financiamento especiais aos beneficiarios das subvencións do GALP Golfo Ártabro Sur e tamén a outros novos proxectos vinculados ao sector pesqueiro. O obxectivo último é ofrecerlle a todos os promotores, xa sexan persoas individuais ou empresas, unha ferramenta de apoio para garantir a viabilidade económica e financeira das súas iniciativas. Estas vantaxes exclusivas tamén se aplicarán aos seguros xa que a entidade bancaria porá a disposición dos beneficiarios persoal especializado para bus...