O GALP Golfo Ártabro Sur contribúe á promoción económica e social do territorio co apoio a 23 novos proxectos

Das 28 solicitudes recibidas na pasada convocatoria de subvencións, propuxéronse 23 e 5 permanecen en lista de espera.

O éxito de concorrencia supón o investimento do total do crédito europeo adxudicado ao territorio GALP Golfo Ártabro Sur a través dos fondos FEMP para o período 2017-2021 (3.000.000€).

O foco dos proxectos está relacionado con 4 eixos principais como son a consolidación da cadea de valor engadido nos produtos pesqueiros, a diversificación do sector, a preservación medioambiental e redución da pegada de carbono e a recuperación do patrimonio cultural para contribuír á identidade territorial.


O GALP Golfo Ártabro Sur seleccionou provisionalmente, á espera de resolución definitiva por parte da Consellería do Mar da Xunta de Galicia, os proxectos que obtiveron maior puntuación para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP). En total, recibiron 28 solicitudes das que foron aprobadas 23. Destas, 18 serán executadas con cargo ao remanente para as anualidades 2021-2022 (757.425€) e 5 permanecen en lista de espera.

Desde a Xunta Directiva do GALP consideran un éxito a case trintena de proxectos recibidos este ano pese á inestable situación económica derivada da crise sanitaria do covid-19. Na súa opinión, este éxito de concorrencia pode explicarse polo feito de que gran parte das iniciativas subvencionadas están dirixidas á dinamización, innovación e mellora directa ou indirecta do sector pesqueiro do territorio.

 


Proxectos productivos e non productivos
De feito, 10 dos proxectos poñen o foco en consolidar a cadea de valor engadido nos produtos pesqueiros. Neste caso, as iniciativas subvencionadas abarcan desde o comercio retallista ao ámbito industrial. Neste último, executarase a modernización de equipos para produción e distribución de xeo, instalación dunha cámara frigorífica utilizando placas solares como fonte de enerxía, mellora da eficiencia enerxética nas instalacións de loxística, optimización do almacenamento de produtos do mar e mellora da seguridade a bordo. No sector retallista, os proxectos están dirixidos á comercialización a domicilio de produtos do mar ou venda online, ampliación do espazo dunha peixería ou creación dunha consultoría dixital especializada no sector do mar e da pesca.

 Polo que respecta á preservación medioambiental e redución da pegada de carbono colaborarase con 3 iniciativas para modernizar luminarias e equipos con máis de dez anos de vida útil, mellorar o circuíto de valorización de plástico ou con actividades de sensibilización e posta en valor da recuperación do hábitat costeiro e acuicultura sostible no GALP Golfo Ártabro Sur.

No capítulo de diversificación, as 8 iniciativas subvencionadas están relacionadas coa promoción do ocio náutico e dos deportes de mar no territorio (surf, paddle surf, entre outros), a ampliación de complexos hostaleiros ou apertura e musealización dunha taberna mariñeira. Así mesmo, ao abeiro dos fondos europeos xestionados polo GALP Golfo Ártabro Sur tamén se creará unha nova web turística e se impulsará unha feria promocional de produtos do mar e da terra e empresas do territorio.

Xa por último, e co obxectivo de contribuír á recuperación do patrimonio cultural porase en valor unha embarcación tradicional da zona e apoiarase a creación dun espazo multipropósito dedicado a taller de reciclaxe de lixo mariño mariño, residencia para artistas e promoción da gastronomía mariñeira. 


Zona costeira con gran potencial
As últimas axudas europeas do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) tramitadas polo GALP Golfo Ártabro Sur teñen como obxectivo financiar proxectos vinculados co mundo do mar e da pesca, directa ou indirectamente, na súa área de actuación que comprende os concellos de Bergondo, Sada, Oleiros, Cambre, Culleredo, A Coruña e Arteixo. O apoio económico, a fondo perdido, oscila entre 50 e o 100% da inversión solicitada.

Nesta anualidade, o GALP Golfo Ártabro Sur dispoñía dun crédito de 757.425 mil euros para impulsar o desenvolvemento social e económico dunha zona costeira cun gran potencial na que xa leva apoiadas 32 iniciativas con 2,4M€ relacionadas coa pesca extractiva, co medio ambiente, co turismo, coa cultura ou coa memoria histórica.

Na actualidade, estase cerrando o documento matriz do futuro Fondo Europeo de Pesca e Acuicultura Marítima (FEMPA) para o período 2021-2027, cun orzamento de 6.108 millóns de euros, e que tamén definirá a futura Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) do GALP Golfo Ártabro Sur.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024