A VI sesión plenaria da REGP acorda potenciar o papel dos GALP durante o próximo período FEMPA

 A VI sesión plenaria de Red Española de Grupos de Pesca (REGP) celebrouse os días 7 e 8 de xuño por vía telemática baixo o título “Situando o Desenvolvemento Local Participativo (DLP) en futuro” contando coa asistencia de 83 participantes en representación de 32 dos 41 Grupos de Acción Local Pesqueiros (GALP), os Organismos Intermedios de Xestión (OIG) do Fondo Europeo Marítimo e Pesqueiro (FEMP) e das redes española e europea de grupos de pesca.



Durante o encontro, o Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación (MAPA) animou a todos os Grupos de Acción Local de Pesca a participar activamente na preparación do programa de Desenvolvemento Local Participativo para o próximo período 2021-2027, co obxectivo de poder contar, a principios de 2022, cun programa operativo do Fondo Europeo Marítimo, Pesqueiro e Acuícola (FEMPA) aprobado pola Comisión Europea (CE). Neste sentido, o director xeral de Ordenación Pesquera y Acuicultura do MAPA, Juan Ignacio Gandarias, subliñou que é necesaria a participación activa dos GALP xa que son os “protagonistas do desenvolvemento sostible das zonas de pesca” para que os programas se definan en función das necesidades das vilas costeiras.

Hai que recordar que os Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro (GALP) son as asociacións responsables de dinamizar as Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) das zonas nas que operan e seleccionan os proxectos que se desenvolverán, cofinanciados polo FEMP, para cumprir os obxectivos recollidos nas devanditas estratexias, unha vez aprobadas polas comunidades autónomas.

Pola súa banda, os representantes da rede europea FARNET incidiron en que é necesario adaptar a xestión ás novas responsabilidades exclusivas dos grupos, especialmente no referente aos proxectos de cooperación entre eles, así como reducir as súas cargas administrativas.


Durante a sesión plenaria, analizáronse as novidades do FEMPA para o próximo período de programación 2021-2027. Así, potenciarase o papel dos grupos na promoción da innovación, eficiencia enerxética, a pesca, a cadea de valor dos produtos pesqueiros, a acuicultura e a diversificación e facilitarase o financiamento de proxectos de desenvolvemento local participativo do sector pesqueiro en crecemento azul.


 Premio de boas prácticas a dous proxectos galegos
O último día, e a modo de peche, déronse a coñecer varios casos de éxito e os proxectos gañadores de boas prácticas tras unha votación dos propios GALP.

Nesta edición, que premiaba os proxectos correspondentes ás convocatorias 2018-2019, resultaron gañadores dous galegos. Foron “Algas galegas: tesouro do mar”, desenvolto polo GALP Golfo Ártabro Norte e “Mar das illas: Sostibilidade e boas prácticas na pesca - turismo”, proxecto de cooperación dos GALP Ría de Pontevedra, Ría de Arousa e Ría Vigo - A Guarda. Tamén resultou premiado o proxecto “ Masterpeix. Formación ocupacional de pescadores no sector da gastronomía” neste caso polo GALP Costa Brava, de Cataluña. 

Entre os candidatos había unha iniciativa do GALP Golfo Ártabro Sur: o evento Open Science de Cambre.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024