A asemblea xeral ordinaria aproba o programa de actividades para a anualidade 2021

 

O pasado venres 18 de xuño, o GALP Golfo Ártabro Sur celebrou a súa Asemblea Ordinaria. Este encontro anual ao que acoden os socios da agrupación, tivo lugar ás 18:00h no Multiusos A Senra de Bergondo.


Esta anualidade, a pesar da situación epidemiolóxica actual, tivo unha boa acollida entre os socios; pois garantíronse todas as medidas sanitarias na súa realización, cumpríndose todos os protocolos COVID establecidos.

Durante a asemblea presentouse a Memoria da anualidade 2020, na que se recollían todas as actividades de difusión, os proxectos presentados e a xustificación dos mesmos, así como os acontecementos máis relevantes para o grupo durante ese ano. A Asemblea aprobou por unanimidade o documento.

Por outra banda, tamén se presentaron as contas do ano 2020 que foron aprobadas igualmente por unanimidade, do mesmo xeito que o orzamento previsto para a anualidade 2021.


Tamén se aprobaron por unanimidade a previsión de actividades para a anualidade 2021. O GALP Golfo Ártabro Sur, espera poder facer gran parte destas actividades de forma presencial cumprindo todos os requisitos establecidos; aínda que, como se comentou na reunión, a situación sanitaria marcará as pautas a seguir, polo que se aprobou tamén a posibilidade de poder facer as mesmas dun xeito non presencial. 

Vídeo “Faenando no Golfo Ártabro”
Para finalizar a Asemblea, presentouse o material audiovisual “Faenando no Golfo Ártabro”, que amosa as especies mariñas máis frecuentes no Golfo Ártabro, así como as artes empregadas para a súa captura. Este vídeo contén imaxes reais das nosas costas, e  para afianzar toda esta información, realizáronse pequenas animacións que foron reforzadas coa intervención de representantes dos seguintes colectivos: Cofradía de Pescadores de A Coruña, Cofradía de Pescadores de Mera, Cofradía de Pescadores de Sada e Asociación de Armadores de Cerco de Galicia (ACERGA).



Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024