O xogo do escape room REMA 360º está dispoñible en aberto para todos os usuarios
Finalizada a competición entre os colexios galegos, o
xogo escape room en liña REMA 360º xa está dispoñible en aberto para calquera
usuario. Os catro centros do territorio GALP Golfo Ártabro Sur que participaron
foron o IES Elviña e IES Rafael Dieste de A Coruña, o IES Mosteirón de Sada e o
CPI Cruz do Sar de Bergondo .
Como se xoga?
O fío argumental do xogo é unha catástrofe para a
comunicación marítima e o correcto funcionamento da economía pesqueira galega.
Os faros da costa atlántica non funcionan correctamente ao apagarse totalmente
nalgunhas ocasións, deixando desvalidos aos barcos que navegan pola zona, e ao
brillar en exceso noutras, provocando naufraxios.
A razón deste suceso parece desvelarse nunhas mensaxes que chegan a terra en botellas desde hai anos e nas que unha muller conta que quedou atrapada neste mundo porque perdeu o cofre cos seus recordos. Os usuario, igual ca fixeron os alumnos nos pasados meses, deberán ir superando as distintas probas para resolver o misterio e axudar a esta personaxe a recuperar a memoria e que todo poida volver á normalidade.
Entra na seguinte ligazón e resolve o misterio! http://360.redrema.eu/
Vpuchiqui_no Rod Fillmore Download
ResponderEliminarwithskurropis