As experiencias vivas de catorce profesionais do mar visibilizan as amplas posibilidades do sector para fomentar novas vocacións
O
GALP Golfo Ártabro Sur concluíu na Laboral de Culleredo a segunda xornada de
“Profesións do mar” para fomentar o relevo xeracional.
Abriron
o encontro Susana Rodríguez, D.X. Desenvolvemento Pesqueiro da Xunta de
Galicia; Patricia Amado, vicepresidenta do GALP Golfo Ártabro Sur; Estanislao
Mallo, xefe de estudos da Laboral e de Jessica Méndez, concelleira de
Participación cidadá e Educación de Culleredo.
Este encontro
forma parte da axenda 2022 do GALP Golfo Ártabro Sur con motivo do Ano
Internacional da Pesca e da Acuicultura Artesanais.
Durante
toda a mañá do luns, 7 de novembro, o CIFP Universidade Laboral de Culleredo converteuse nunha
aula viva sobre o sector mar-pesca durante a segunda xornada sectorial “Profesións
do mar” organizada polo GALP Golfo Ártabro Sur.
Catorce profesionais en activo, algúns con ata 40 anos de traxectoria, de
diferentes perfís e sectores presentaron ante o alumnado como é o seu traballo
diario e expuxeron as múltiples posibilidades de traballar nun sector estratéxico
en Galicia, tanto polo peso que supón a nivel económico coma social. Puxeron
voz ao mar o patrón dun barco de cerco, un mariscador a pé, unha praceira do
mercado de San Agustín, técnicos de mantemento industrial, un buzo profesional,
responsables de salvamento marítimo,... Segundo os últimos datos oficiais, o
sector do mar é a cuarta actividade económica de Galicia, representa un 4,8% do
PIB e, ademais, crea unha cadea de valor completa, con ampla capacidade de
crecemento e diversificación.
Neste sentido, a vicepresidenta do GALP Golfo Ártabro Sur, Patricia Amado,
recordou que “desde o GALP Golfo Ártabro Sur apostamos polo sector mar-pesca e
polo imprescindible relevo xeracional”. Animou ao alumnado a seguir formándose
e valorou a importancia da aprendizaxe continua.
En liña con isto, a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana
Rodríguez, destacou o traballo levado a cabo polos grupos de acción local do
sector pesqueiro (GALP) a prol da remuda xeracional no sector
marítimo-pesqueiro e para amosar a gran variedade de saídas laborais que
ofrece. Así mesmo, lembrou que a Consellería do Mar reserva nos seus orzamentos
de 2023 máis de 11M€ para garantir a actividade destes grupos que xogan un
papel clave na dinamización socioeconómica das zonas costeiras de Galicia.
Pola súa banda, Estanislao Mallo, xefe de estudios do CIFP Universidade
Laboral, resaltou a “formación práctica e moi completa” que adquire o alumnado
na FP para traballar nun amplo abano de campos, agora tamén como 2º e 3º
oficiais de Máquinas, ou as oportunidades que teñen en novos nichos como a
mariña de ocio ou o mantemento de grandes superficies mariñas.
Jessica Méndez, concelleira
de Participación cidadá e Educación de Culleredo, sinalou que "o noso
municipio sempre estivo moi vencellado á actividade do mar, concretamente ao
sector marisqueiro, e como todos sabedes grazas ás obras de dragaxe da ría do
Burgo, a transformación que viviremos neste eido nos vindeiros anos será moi
grande”.
Catro mesas
temáticas
Esta segunda xornada de “Profesións do mar” volveu reunir
un amplo abanico de experiencias vitais en catro ámbitos: Pesca e do marisqueo,
Comercialización, Salvamento marítimo, navegación e servizos portuarios, e Medio
ambiente, turismo e divulgación ambiental.
As voces convidadas foron Patricia Saavedra, ACERGA (Asociación do Cerco de
Galicia), que xestiona o 80% da frota de cerco de Galicia; Lucía Fraga, coordinadora
da área de Formación da Fundación CETMAR a través do centro Aixola; Andrés
Pena, presidente dos Mariscadores a Pé da Coruña; e Manolo Presas, mariñeiro
desde hai 40 anos e patrón do barco de cerco A Tenencia (Sada).
Tamén mostraron a parte viva do sector a placeira de quinta xeración do
mercado de San Agustín, Ángela Barrán; Humberto Ferral, 35 anos como xefe de mantemento
de Marfrío, empresa procesadora de produtos do mar conxelados; ou Jesús Porras,
de Gesfrico, dedicada a equipamento industrial.
Falando de novos nichos especializados en medio ambiente, turismo e divulgación ambiental estiveron Rosa Chapela, coordinadora da área de Socioeconomía da Pesca en CETMAR; Ana Suero, da empresa de ocio náutico Altavela (Sada); e María Calvo, de Arenaria Coordinación.
Me houba gustado , enterarme antes de este evento.
ResponderEliminarPodo ser critico con este evento. Pero, me reservo
ResponderEliminar