Exposición de REMA “O océano que nos une” en Asturias

Do noso territorio están representados a Torre de Hércules, o Aquarium Finisterrae e o CEIDA


Na fin de semana do 8-9 de outubro, en representación da Xunta Directiva, o secretario do GALP Golfo Ártabro Sur, José Garrote, viaxou a Asturias para arroupar a presentación da exposición “O océano que nos une” no Valey Centro Cultural de Castrillón. 

Esta é unha iniciativa do noso proxecto de cooperación interterritorial e transnacional Pasaporte Rema promovido polos oito GALP galegos e cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo de Pesca (FEMP). 

A mostra fai un percorrido polos fondos culturais máis destacados dos centros adheridos á Rede REMA (Rede de Espazos Museísticos Atlánticos). 



Tres museos do Golfo Ártabro Sur
Do territorio do GALP Golfo Ártabro Sur, recordamos, son tres socios:

▪ Torre de Hércules e Aquarium Finisterrae, da Coruña

▪ CEIDA - Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia, con sede en Oleiros.

Tamén asistimos a un evento de intercambio de experiencias e de traballo en colaboración con diferentes entidades e visitamos o Museo Mina Arnao, a explotación de carbón mineral máis antiga da península e única mina submarina de Europa.

Con iniciativas coma esta, a Rede REMA contribúe a preservar a cultura e a historia mariñeira atlántica.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024