Clausura de varios proxectos de cooperación
Foron “Relevo 2, mocidade a bordo”, “Un mar en común” e “RIMARTES. Riquezas do mar, tesouros do profundo”
A primeira das clausuras a organizar foi a de “Relevo
2, mocidade a bordo” durante un evento o venres 14 de outubro no Museo do Pobo
Galego, en Santiago de Compostela. Ademais da benvida oficial, houbo unha mesa
de experiencias na que docentes e alumnado contaron en primeira persoa as súas
vivencias, así como unha mesa redonda na que se expuxo a actualidade do relevo
xeracional en Galicia e a relación dos máis novos co sector do mar.
Tras un ano de traballo, o martes 25, no Centro
Social A Rúa en Miño, o proxecto de dinamización do tecido asociativo “Un mar
en común” tamén presentou as conclusións acadadas, un vídeo resumo e un manual
de boas prácticas para fomentar a participación en entidades asociativas.
Xa por último, o xoves 27, tocoulle o turno ao
proxecto de turismo experiencial “RIMARTES. Riquezas do mar, tesouros do
profundo” a través do que se sentaron as bases para crear unha oferta turística
ao redor do noso rico patrimonio subacuático. A través de RIMARTES quíxose
impulsar un turismo emocional capaz de atraer a visitantes locais, nacionais e
internacionais todo o ano para colaborar na desestacionalización do sector e
favorecer a economía local dun territorio de actuación de case 300 km.
Durante o acto que tivo lugar na Capela de San Roque (Sada) quedou inaugurada a exposición itinerante “Mergulla na historia do mar”, onde pode visitarse con entrada libre.
Comentarios
Publicar un comentario