Viaxe de estudo a Aveiro para coñecer o sector pesqueiro desta zona do Atlántico

Representantes do GALP Golfo Ártabro Sur realizaron a mediados de novembro unha visita-estudo ao GAC Região de Aveiro (centro de Portugal) para coñecer a realidade da zona, os proxectos que se están a levar a cabo no ámbito do mar e establecer sinerxías.

A delegación local estaba composta polo presidente, Alberto Castro García; o secretario, José Garrote Martín; o xerente do GALP, Federico López Viñas; e os membros da directiva Manuel Suárez Blanco, Adelina Pérez Barredo, Ana María Bello Vázquez e Begoña Calviño Dorado. O grupo foi recibido na Comunidade Intermunicipal por varios resposables do Grupo de Acción Costeira (GAC-RA).

Os días seguintes visitaron a Rexión de Aveiro para coñecer proxectos financiados no marco do seu proxecto Mar2020. Fixeron paradas nos municipios da Murtosa, Aveiro, Ílhavo e Vagos.

A delegación apreciou a hospitalidade e variedade das iniciativas presentadas, deixando unha invitación ao GAC da Rexión de Aveiro para devolver a visita no GALP Golfo Ártabro Sur e coñecer o noso territorio.




Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024