A Rede Rema impulsa o traballo colaborativo entre os museos e os GALP promotores
Representantes dos Grupos de Acción Local Pesqueira
e dalgúns dos museos que compoñen a Rede de Espazos Museísticos Rede Rema
desprazáronse ata Peniche (Portugal) para a presentación da exposición “O
océano que nos une”.
Durante esta viaxe, e ao igual que durante a visita
a Castrillón (Asturias) en outubro pasado, o programa incluiu un taller de traballo colaborativo entre os
representantes dos museos adheridos á Rede REMA. O obxectivo era presentar unha
serie de propostas innovadoras e un conxunto de boas prácticas para poder
implementar nos espazos museísticos, así como proporcionar un espazo de
intercambio de ideas e xeración de novas actividades colaborativas.
Tras a exposición de
boas prácticas e exemplos de iniciativas noutros museos do mundo, xerouse un
debate moi interesante sobre novas propostas para implementar nos centros da
Rede, potenciando o traballo conxunto entre todos os membros.
Visitas a museos locais
Tras as xornadas de traballo, o grupo tivo a
oportunidade de visitar o Museu Marítimo de Ílhavo, un dos centros que conforma
a Rede de Espazos Museísticos do Atlántico (REMA); o Museu da Renda de Bilros
ou o sitio arqueolóxico do naufraxio do San Pedro de Alcántara, lugar de
obrigada visita para coñecer máis sobre o afundimento deste buque hai centos de
anos.
Comentarios
Publicar un comentario