Taller divulgativo de PescaConCiencia en Sada
Esta xornada contou coa presencia do investigador de Consellería do Mar de Planificación Pesqueira, Rafael Bañón, e Manuel Ruiz, investigador do IEO.
No marco do Ano Internacional da Pesca e a Acuicultura Artesanais, declarado pola FAO, está a levarse a cabo, en colaboración con seis grupos de acción local (Ría de Vigo-A Guarda; Ría de Pontevedra, Ría de Arousa, Costa Sostible, Golfo Ártabro Sur e Norte), o proxecto PescaConCiencia, Alianza por un Futuro Sostible. O obxectivo desta iniciativa é contribuír á adaptación do sector da pesca artesanal de Galicia aos efectos do cambio climático a través da cooperación entre sector pesqueiro e a academia, fomentando a transferencia de coñecemento bidireccional para a identificación conxunta de medidas de adaptación e recomendación. Trátase, en definitiva, dun proceso participativo.
A primeira fase consistiu na cooperación a través de enquisas nas que se recolleu o coñecemento ecolóxico local e percepción social de pescadores e mariscadoras, a cal segue en marcha. Ata o momento, recolléronse 230 enquisas repartidas entre 33 confrarías dos 6 territorios de estudo.
A segunda fase consistiu na organización dun taller divulgativo-participativo en cada territorio. A xornada do Golfo Ártabro Sur, que tivo lugar o pasado luns 10 de outubro, contou coa presenza do investigador de Consellería do Mar de Planificación Pesqueira, Rafael Bañón, quen nos falou do seu estudo relativo ás evidencias do cambio climático na pesca artesanal en Galicia; e con Manuel Ruiz, investigador do IEO, que realizou unha exposición sobre as investigacións en marcha e coñecemento existente sobre cambios en patróns de circulación oceánica e o seu efecto nas pesqueiras locais.
Cabe destacar o enfoque aberto e dinámico destas xornadas nas que, tras unha breve exposición, se desenvolve unha sesión de debate que permite ao sector expresas as súas inquietudes, necesidades e evidencias neste contexto, resolvendo dúbidas e intercambiando puntos de vista.
O obxectivo final de todos estes encontros é fomentar a
cercanía e a relación entre os actores, e a identificación de puntos de
traballo común para abordar os retos do sector desde a colaboración co sector
científico aplicando os principios da investigación aplicade e responsable.
Próximo Foro de participación
Comentarios
Publicar un comentario