Preparativos para Son do Mar III: un roteiro para achegar a tradición mariñeira á cidadanía
Dende o GALP Golfo Ártabro Sur, estamos traballando na organización da terceira edición de "Son do Mar", un evento deseñado para achegar a rica tradición do mar á cidadanía. Este ano, o noso obxectivo é ofrecer unha experiencia única a través dun roteiro en A Coruña, onde os participantes poderán descubrir e valorar o patrimonio mariñeiro da nosa costa e en particular da cidade herculina.
Son do Mar III pretende conectar á xente coa cultura marítima, co pasado da cidade vencellado ao mar, coa historia marítima do Golfo Ártabro, promovendo un maior coñecemento e aprecio polo noso legado mariñeiro. Dende o GALP Golfo Ártabro Sur queremos amorsar a riqueza que significa vivir de cara o mar, a idiosincrasia propia das poboacións costeiras, pois o mar sempre foi, é e seguirá sendo unha fonte de vida e oportunidades.
Manterémosvos informados sobre todos os detalles. Non perdas a oportunidade de participar neste evento único que celebra a nosa identidade mariñeira.
Estade atentos para máis información proximamente!
Comentarios
Publicar un comentario