II Concurso de Fotografía Online - "Ollando cara ao Mar"
Coincidindo co Día de Galicia, o GALP Golfo Ártabro Sur lanza o II Concurso
online de fotografía dixital “Ollando cara ao mar” que ten por obxectivo poñer
en valor o seu territorio de actuación a través de todas as miradas e
sensibilidades. Así mesmo, e en liña con esta efeméride, a entidade tamén quere
recordar o importante papel dos océanos na nosa vida cotiá e na xeración de
riqueza. Son os pulmóns noso planeta, unha fonte importante de alimentos e de
medicinas e unha parte fundamental da biosfera.
Durante case un mes, dende o 24 de xullo e ata o 10 de agosto, os
interesados poderán enviar por email (golfoartabrosur@gmail.com)
ata un máximo de 2 imaxes dixitais tomadas en calquera punto do territorio do
GALP Golfo Ártabro Sur, que abarca os concellos da Coruña, Arteixo, Bergondo,
Cambre, Culleredo, Oleiros e Sada. En total, uns 80 quilómetros de
litoral.
As fotografías deben gardar relación co ámbito costeiro: pesca, zonas
portuarias, embarcacións, oficios do mar, acuicultura, arquitectura costeira,
praias, paisaxes emblemáticas, natureza, etc. Deberán ser inéditas, orixinais e
non ter sido premiadas en otros concursos. Outros requisitos técnicos é que
teñan un tamaño mínimo 1280 x 972 píxeles e 300 ppp de resolución.
O correo electrónico para recepción das imaxes é golfoartabrosur@gmail.com indicando no asunto “II Concurso de fotografía Golfo Ártabro Sur – Ollando cara ao Mar”.
Datos de envío
As fotografías acompañaranse da seguinte información:
-
Nome e apelidos
-
DNI ou documento acreditativo da identidade do participante.
-
Teléfono de contacto.
-
Correo electrónico.
-
Relación das fotografías que presenta.
-
Lugar de realización de cada unha das fotografías
O nome do arquivo deberá nomearse da seguinte forma, o primeiro apelido e o nome do autor e continuar co lugar que apareza na fotografía, ambos os separados por un guion baixo. Exemplo: Fernandez_Laura_ PlayaMorazon
Votación pública en Facebook
A votación realizarase en aberto no Facebook e Instagram do @galpartabrosur
entre o 12 de agosto ata o 19 de agosto ata as 13.00h, resultando gañadora a
que sume máis interacción de ambas redes sociais. Máis “me gusta” en Facebook e máis comentarios co número que lle sexa
asignado en Instagram. O fallo do concurso publicarase na páxina web do GALP
Golfo Ártabro Sur (https://galpgolfoartabrosur.blogspot.com),
nas súas redes sociais e comunicarase por correo electrónico ao gañador.
Un premio para gozar do Golfo Ártabro Sur
O premio do concurso está
patrocinado por Cabanas de Canide, e consta de unha noite en réxime de
aloxamento.
Consultar aquí as bases legais >> BASES
Comentarios
Publicar un comentario