Entrevista de avaliación do FEMP: oportunidade para mellorar procesos





O GALP Golfo Ártabro Sur realizou recentemente unha entrevista de avaliación do funcionamento do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) no territorio. Esta entrevista de avaliación tivo como obxectivo revisar e valorar os proxectos financiados mediante os fondos FEMP, os procedementos seguidos durante o programa, a correcta implementación e os resultados obtidos.

Durante a entrevista, o GALP Golfo Ártabro Sur presentou os avances e resultados obtidos, abordaronse posibles desafíos e comentáronse as oportunidades para optimizar os procesos e mellorar a eficiencia dos procedementos. A avaliación permitiu identificar os problemas e solucións atopadas, analizar o impacto das iniciativas e recoñecer áreas para perfeccionar as estratexias e aumentar a efectividade das accións.

Este proceso de avaliación é fundamental para garantir a transparencia e a rendición de contas, así como para proporcionar unha base sólida para futuros investimentos e proxectos no ámbito marítimo e pesqueiro. A través deste tipo de revisión, os GALP e os organismos de xestión dos Fondos Europeos poden colaborar na mellora continua e na maximización dos beneficios das iniciativas apoiadas cos mesmos.

O GALP Golfo Ártabro Sur seguirá apoiando e supervisando os proxectos para asegurar que cumpran coas súas metas e contribuían ao desenvolvemento sostible da nosa comunidade costeira.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024