O GALP Gólfo Ártabro Sur organiza xornadas de formación para os promotores de proxectos cos novos fondos FEMPA
Dende o GALP, estamos comprometidos en apoiar aos promotores dos proxectos na súa labor de desenvolvemento e xestión de iniciativas. Por este motivo, traballamos en estreita colaboración con eles para garantir que todos poidan beneficiarse dos novos fondos do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), organizando unhas xornadas formativas para ensinarlles como realizar a xustificación dos seus proxectos utilizando estes novos fondos.
Estas xornadas leváronse a cabo con éxito. Durante as sesións, proporcionamos información detallada e orientación práctica sobre os procedementos de xustificación, co obxectivo de facilitarlles o traballo e asegurar que cumpran con todos os requisitos necesarios de forma eficiente.
Xornadas destas características realizaranse durante todo o ano para informar e formar a novos promotores para a solicitude das axudas para o obxectivo que teñan en mente vencellado ao mar.
Para calquera dúbida ou para máis información sobre futuras actividades formativas, os promotores poden contactar co GALP a través dos nosos canles habituais.
Comentarios
Publicar un comentario