Entradas

Reunións para elaboración da nova Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP)

Imagen
A mediados de xullo, no GALP Golfo Ártabro Sur comezamos as reunións para a construción da nosa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) . Todos os encontros están abertos á cidadanía co obxectivo de trazar unha folla de ruta colaborativa e integradora que recolla o máximo de ideas e necesidades e beneficie a todo o noso territorio de actuación.   A Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) é un documento que vai a orientar a aplicación do novo Fondo Europeo Marítimo, da Pesca e da Acuicultura (FEMPA) para o período 2021-2027. Os GALP de Galicia imos colaborar coa Consellería do Mar na súa posta en marcha e para isto, antes estamos traballando desde a base achegando ideas.   Neste sentido, o sector pesqueiro, as institucións, as entidades sociais e a cidadanía poden identificar cales son as necesidades do noso territorio e definir os retos e liñas de actuación para mellorar a situación da zona costeira entre Bergondo, Sada, Cambre, Culleredo,...

Votación pública en Facebook do I Concurso de Foto Dixital “Ollando cara ao mar”

Imagen
Entre o 1 e o 17 de agosto ata as 13.00h estará aberta no noso Facebook a votación pública para designar as tres mellores fotos do I Concurso online de fotografía “Ollando cara ao mar” promovido polo GALP Golfo Ártabro Sur. As gañadoras serán aquelas que sumen máis “gústame”.   O fallo do concurso publicarase nesta web (https://galpgolfoartabrosur.blogspot.com), nas nosas redes sociais e tamén se comunicará por correo electrónico aos gañadores.   Tres premios para gozar co ocio náutico Os tres galardóns do concurso están patrocinados polas empresas de ocio náutico locais Cadenote, Altavela e Escola Náutica de Sada (ENSA). Así, o primeiro premio será un curso de vela práctico na ría de Betanzos para unha persona, que consiste en 4 salidas en veleiro cunha duración de 3 horas cada unha.   O segundo será unha excursión, tamén en en veleiro polo litoral do Golfo Ártabro para 2 persoas de 3 horas de duración. O último e terceiro premio será un bautismo de vela tamén...

A exposición “La flota pesquera del Golfo Ártabro Sur” recolle a riqueza cultural do noso patrimonio pesqueiro

Imagen
Esta mostra itinerante que se inaugurou en Sada poderá verse nas casas da cultura de Oleiros e de Arteixo e, na praza de Lugo da Coruña entre agosto e setembro. Os contidos dos quince paneis recollen as conclusións do traballo en rede promovido polo GALP Golfo Ártabro Sur en colaboración coas catro confradías e Organizacións de Produtores de Pesca con sede no territorio. “La flota pesquera del Golfo Ártabro Sur” é o título da exposición que o venres 22 de xullo presentou o GALP Golfo Ártabro Sur e que é o resultado da investigación colaborativa do mesmo nome promovida pola entidade para dar a coñecer o estado actual do sector. Este estudo foi un traballo en rede no que colaboraron as catro confrarías da zona (Sada, A Coruña, Lorbé e Mera) e tamén as OPP con base no territorio: ACERGA, a Organización de Productores de Pesca Fresca del Puerto de A Coruña e a de Armadores de Pesca de Galicia (Arpega).   Nos quince paneis que compoñen a mostra pode facerse un percorrido pola evoluc...

Foro RIMARTES sobre a riqueza herdada polos naufraxios

Imagen
O noso proxecto de cooperación RIMARTES. Riquezas do mar, tesouros do profundo foi o protagonista dun novo encontro dixital celebrado, nesta ocasión, na redacción central do grupo La Voz de Galicia.   A temática elixida foi “Galicia eos naufraxios que marcaron unha época” , un tema de grande interese arredor do que compartiron ideas, coñecemento e experiencias Federico López Viñas, xerente do noso GALP, Jesús Ángel Sánchez, catedrático da Universidade de Santiago de Compostela e defensor do patrimonio marítimo de Galicia; Óscar Fuertes, director do Plan da Cultura Marítima; e os responsables dos centros de mergullo Hugo Rodríguez, de Buceo Galicia, Santiago Salido de Deep Team, e Antonio Lodeiro, de Nauga.   Na seguinte ligazón podedes ver o foro íntegro: https://www.lavozdegalicia.es/video/coruna/2022/07/15/galicia-naufragios-marcaron-epoca/00311657874665125258481.htm?fbclid=IwAR3y2LkUCcISYL0Kzw9SvefJEhnQWyfAy5TOwJasLHIEQF2he6xk8_zY8JY     E aquí, ler ...

Xornada final do proxecto de cooperación Bitácoras do mar

Imagen
O xoves 14 de xullo, asistimos á xornada final do noso proxecto de cooperación Bitácoras do mar durante a que contamos coa asistencia da conselleira do Mar, Rosa Quintana e da directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez. O evento tivo lugar no Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro, en Ares (A Coruña).   Bitácoras do mar estivo c oordinado polo GALP Golfo Ártabro Norte e participamos o GALP Costa Sostible, Ría de Arousa, Ría de Pontevedra e Golfo Ártabro Sur.  Este proxecto naceu co fin de poñer en valor o labor feito polos grupos ao abeiro do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, mediante unha serie de proxectos ligados ao crecemento azul, ao desenvolvemento sostible e ao reforzo da cohesión social das zonas costeiras.   Neste sentido, tal e como recordou a conselleira, as iniciativas de cooperación coma esta contribúen a reforzar a competitividade da cadea de valor do sector pesqueiro e o traballo conxunto e en rede dos axentes locais das zonas do ...

Inicio das reunións para redacción da nova Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) do GALP Golfo Ártabro Sur

Imagen
  🚀 𝗔𝗩𝗜𝗦𝗢! Convidamos a todas as persoas á reunión para iniciar a redacción da nova EDLP (Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo) do @galpartabrosur . 📆 Venres 15/07 ⌚ 18-20.30h 📍 Casa do Mar | Sada (sede do GALP)

Lanzamento do proxecto PescaConCiencia para combater os efectos do cambio climático

Imagen
Arrincou o proxecto de cooperación PescaConCiencia: “Alianza por un futuro Sostible” no marco do Ano Internacional da Pesca e Acuicultura Artesanal 2022 que promove a FAO, contribuíndo a lograr unha alianza na que a sustentabilidade e o medio ambiente xoguen un papel fundamental.   O proxecto, financiado pola Unión Europea a través do FEMP 2014-2020 baixo estratexias de desenvolvemento local participativo a través da Consellería do Mar, ten por obxectivo xeral contribuír á adaptación do sector pesqueiro artesanal de Galicia para os efectos do cambio climático, a través da cooperación entre sector pesqueiro e academia, coa transferencia de coñecemento bidireccional para a identificación conxunta de medidas de adaptación e recomendación.   O proxecto de alcance rexional, vinculado aos Grupos de Acción Local no sector pesqueiro: GALP Costa Sostible, GALP Golfo Ártabro Sur, GALP Golfo Ártabro Norte, GALP Ría de Arousa, GALP Ría de Pontevedra e GALP Ría de Vigo - A Guarda, leva...

O Golfo Ártabro Sur reuniu os GALPs de toda España para debater sobre innovación no sector pesqueiro

Imagen
  Representantes dos 41 Grupos de Acción Local Pesqueira estiveron convidados a a acompañar aos relatores nunha xornada online na que se expuxeron varios casos de éxito de I+D+i que contribúen a diversificar o sector mar-pesca.   O GALP Golfo Ártabro Sur foi na mañá deste martes 28 de xuño o anfitrión da xornada "Proxectos de I+D+i da cadea de valor do sector pesqueiro" á que se convidou aos 41 Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) de toda España. Durante este foro de coñecemento puxéronse en común oito casos de éxito de I+D+i sobresalientes que deixan constancia das amplas, e diversas, posibilidades que ofrece o mundo do mar en xeral para innovar, diversificar negocio e continuar sendo unha fonte de riqueza nos seus territorios. A inauguración do evento correu a cargo de Alberto Castro, presidente do GALP Golfo Ártabro Sur; de José María Solano, coordinador da Red Española de Grupos de Pesca (REGP); e de Susana Rodríguez, directora xeral de Desenvolvemento ...

O Golfo Ártabro Sur reúne os GALPs de toda España para debater sobre innovación no sector pesqueiro

Imagen
  O GALP Golfo Ártabro Sur presentará o proxecto de economía circular “Mobiliario de formigón reciclado producido con casca de mexillón”. Representantes dos 41 Grupos de Acción Local Pesqueira acompañarán aos relatores nunha xornada online mañá martes 28 na que expoñerán varios casos de éxito de I+D+i que contribúen a diversificar o sector mar-pesca. José Mª Solano, coordinador da Red Española de Grupos de Pesca, Susana Rodríguez, directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, e Alberto Castro, presidente do GALP Golfo Ártabro Sur inauguran o evento. O GALP Golfo Ártabro Sur será este martes 28 (10.00 – 14.00h) o anfitrión da xornada "Proxectos de I+D+i da cadea de valor do sector pesqueiro" á que están convidados os 41 Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) de toda España. Durante este foro de coñecemento poñerán en común oito casos de éxito de I+D+i sobresalientes que deixan constancia das amplas, e diversas, posibilidades que ofrece o mundo do mar en xeral para i...

Xornada "Proxectos de I+D+i da cadea de valor do sector pesqueiro"

Imagen
Este  martes 28/06, no GALP Golfo Ártabro Sur organizamos a xornada de innovación "PROXECTOS DE I+D+i DA CADEA DE VALOR DO SECTOR PESQUERO". 𝗛𝗼𝗿𝗮𝗿𝗶𝗼: 10.00 a 14.00h 𝗩𝗶́𝗮 Zoom 𝗜𝗻𝘀𝗰𝗿𝗶𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗮𝗯𝗲𝗿𝘁𝗮: golfoartabrosur@gmail.com PROGRAMA 10.00h.- PRESENTACIÓN Alberto Castro – Presidente do GALP Golfo Ártabro Sur José María Solano – Coordinador da REGP (Red Española de Grupos de Pesca), MAPA . Susana Rodríguez – Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro ( Consellería do Mar , Xunta de Galicia) 10.30h.- GALP RÍA DE PONTEVEDRA:  “Novo obradoiro de pasteurizado para novos produtos do mar de calidade certificada” 10.45h.- GAC ORIENTAL DE CANTABRIA:  “Desenvolvemento dun centro de análise de alimentos, asesoramento e control de calidade no sector pesqueiro e outros afíns" (Laboratorios Norte)” 11.00h.- GALP COSTA SOSTIBLE: “Valorización do berberecho” 11.15h.- ITSAS GARAPEN ELKARTEA: “Proxecto de diversificación de produto” 11.30h - 11.40.- CO...

O GALP Golfo Ártabro Sur acolleu o cuarto Parladoiro das Bitácoras do mar sobre innovación e o consumo no sector pesqueiro

Imagen
A actividade tivo lugar o pasado venres 17 de xuño nas instalacións da Lonxa da Coruña. Durante a sesión, os asistentes reflexionaron sobre a innovación e o consumo no sector pesqueiro e coñeceron de primeira man o funcionamento dunha das lonxas máis importantes de Galicia, así como os proxectos de eficiencia enerxética financiados polo GALP Golfo Ártabro Sur para mellorar a súa actividade e rendemento. Foi o cuarto dos cinco parladoiros que se promoven no marco do proxecto de cooperación Bitácoras do mar, no que participa o GALP Golfo Ártabro Sur, e que finalizan o xoves 30 en Portonovo. O Golfo Ártabro Sur acolleu o pasado venres 17 a a cuarta das actividades dos Parladoiros do Proxecto das Bitácoras. A xornada, que tivo lugar na Lonxa da Coruña, versou sobre innovación e consumo do produto pesqueiro e nela participaron unha vintena de persoas vencelladas ao sector pesqueiro e ao programa de axudas no territorio do GALP Golfo Ártabro Sur.  José Garrote Martín, secretario do g...

Xornada formativa do proxecto “Un mar en común” para reforzar o asociacionismo

Imagen
O experto en comunicación Roberto Pérez Marijuán dirixiu este obradoiro para contribuír á mellora das habilidades comunicativas entre as entidades socias do GALP Golfo Ártabro Sur. O pasado xoves 16 de xuño (17.00h) tivo lugar a derradeira sesión formativa interterritorial organizada polo proxecto cooperativo “Un mar en común”, no que participa o GALP Golfo Ártabro Sur. A Casa do Mar de Sada, sede do noso Grupo , foi o lugar escollido para impartir o obradoiro a cargo do experto en comunicación Roberto Pérez Marijuán.   O obxectivo foi reforzar e mellorar as carencias ou atender ás demandas detectadas nas case 80 entrevistas realizadas as persoas das entidades asociadas ao GALP nos meses previos e fomentar as relacións entre elas. Estiveron convidadas a participar todas as entidades socias do GALP.   Durante a sesión, Pérez Marijuán deru a coñecer algunhas das metodoloxías que mellor funcionan á hora de definir obxectivos, solventar problemas ou xerar dinámicas de colabora...