Entradas

Imagen
  Publicacion:  30/10/2024 Seguindo co proceso de selección e contratación do posto indicado, a través da presente comunícase a puntuación provisional acadada polas persoas admitidas na realización da entrevista persoal coa finalidade de acreditar oralmente as súas competencias e habilidades individuais ao posto que se establece nas bases do dito proceso. PUBLICACIÓN DO RESULTADO PROVISIONAL ACADADO POLAS PERSOAS ADMITIDAS NA ENTREVISTA PERSOAL DO PROCESO DE SELECCIÓN DO POSTO DE PERSOAL TÉCNICO (TECGALP-GAS/2024) aquí Tal e como establecen as bases do proceso de selección do posto de Persoal Técnico, ábrese o período de alegacións de dous (2) días hábiles (de luns a venres) a contar dende o día seguinte á data de publicación da presente comunicación. De non recibirse ningunha alegación ao respecto, darase por definitiva a presente puntuación, continuando co proceso de selección.     G M T Detectar idioma Afrikáans Albanés Alemán Árabe Armenio Azerí Benga...

Innovación e tradición, a modernización da Pescadería Sonia no Mercado de Elviña gracias ás axudas do GALP Golfo Ártabro Sur

Imagen
  A modernización da Pescadería Sonia no Mercado de Elviña é un exemplo de innovación que respecta a tradición, impulsada grazas ao apoio do GALP Golfo Ártabro Sur. Este proxecto, que conta agora cunha máquina expendedora de peixe e marisco fresco envasado ao baleiro, representa un cambio significativo para a comercialización de produtos pesqueiros en Galicia. A novidade deste sistema permite aos consumidores adquirir produtos locais de maneira rápida e cómoda, mentres se preserva a calidade e frescura das capturas. Para garantir un espazo moderno e funcional, tamén se fixeron melloras nas instalacións, como a instalación de chans antideslizantes e mostradores de aceiro con sistema de desxeo, pensados para mellorar a seguridade e a presentación dos produtos. Ademais, a pescadería incorporou maquinaria avanzada, incluíndo unha peladora mecanizada que facilita a preparación de peixe para adaptarse ás demandas actuais dos consumidores. A Pescadería Sonia apostou tamén pola transparenc...

O GALP Golfo Ártabro Sur organiza unha xornada inclusiva para achegar o mundo mariñeiro a persoas con diversidade funcional a través da actividade “Un mar de Ilusións”

Imagen
  O 25 de outubro, a Lonxa de Sada converteuse no epicentro dunha xornada inclusiva organizada polo GALP Golfo Ártabro Sur para achegar o apaixonante mundo mariñeiro a máis de 50 persoas con diversidade funcional, pertencentes ás entidades ASPACE, ASPANAES, ASPRONAGA, ASPADISOL e o Centro Ocupacional Pascual Veiga gozaron dunha xornada única, onde tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man a vida mariñeira mediante actividades formativas e lúdicas adaptadas ás súas necesidades, a través da actividade “Un mar de Ilusións”. A xornada comezou cunha representación teatral a cargo de Alentía Teatro, a través dunha peza teatral inclusiva, na que se abordaron cuestións tan importantes como o proceso que segue o peixe do mar á mesa, a conservación dos océanos e a sustentabilidade medioambiental, temas clave para o futuro do sector pesqueiro, sensibilizando e oncienciando sobre a importancia de manter limpos os mares e de respetar o medio mariño. A experiencia continuou coa partici...

PUBLICACIÓN DO RESULTADO DEFINITIVA ACADADO POLAS PERSOAS QUE CONTINÚAN NO PROCESO NA VALORACIÓN DO PERFIL PROFESIONAL DO PROCESO DE SELECCIÓN DO POSTO DE PERSOAL TÉCNICO (TECGALP-GAS/2024)

Imagen
  Publicacion:  25/10/2024 Unha vez realizada a valoración correspondente, segundo tense establecido nas bases do proceso de selección e contratación do posto indicado e sen terse recibido ningunha alegación no prazo establecido ao respecto, a través da presente comunícase a puntuación definitiva en relación coa valoración do perfil profesional acadada polas persoas que continúan no dito proceso. PUBLICACIÓN DO RESULTADO DEFINITIVA ACADADO POLAS PERSOAS QUE CONTINÚAN NO PROCESO NA VALORACIÓN DO PERFIL PROFESIONAL DO PROCESO DE SELECCIÓN DO POSTO DE PERSOAL TÉCNICO (TECGALP-GAS/2024) AQUI Como continuación do proceso de selección, convócase á persoa candidata admitida para a realización da proba 2 (entrevista persoal) o día 29 de outubro ás 14:00 horas. Lugar: Aula da Sede GALP Golfo Ártabro Sur, sita Av. Do Porto 21 Baixo.

Cuac FM leva Son do Mar III á radio

Imagen
  O pasado 23 de outubro, Cuac FM acolleu unha tertulia especial sobre a terceira edición de "Son do Mar", o roteiro teatralizado organizado polo GALP Golfo Ártabro Sur, que pon en valor a cultura e a historia mariñeira das nosas costas. A entrevista reuniu a Federico López, xerente do GALP, Afonso García Penas, coordinador da actividade, e Xosé Eixo Branco, actor que dá vida ao personaxe de Ramón Boutureira, quen compartiron detalles sobre os aspectos culturais e patrimoniais que este evento promove. Durante a conversa, os participantes destacaron o compromiso de "Son do Mar" coa recuperación da memoria histórica do sector pesqueiro, a través dun percorrido que recrea a vida mariñeira dos anos 50 e 60 en puntos emblemáticos da cidade de A Coruña. Cada escena do roteiro e cada personaxe busca representar de xeito fiel a realidade e o traballo das xentes do mar, co obxectivo de conectar ao público co pasado e enriquecer o presente con esa experiencia vivida. "So...

PUBLICACIÓN DO RESULTADO ACADADO POLAS PERSOAS DEFINITIVAMENTE ADMITIDAS NA VALORACIÓN DO PERFIL PROFESIONAL DO PROCESO DE SELECCIÓN DO POSTO DE PERSOAL TÉCNICO (TECGALP-GAS/2024)

Imagen
  Publicacion:  21/10/2024 SELECCIÓN E CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL NA ASOCIACIÓN "GRUPO DE ACCIÓN LOCAL DO SECTOR PESQUEIRO GOLFO ÁRTABRO SUR"   PUBLICACIÓN DO RESULTADO ACADADO POLAS PERSOAS DEFINITIVAMENTE ADMITIDAS NA VALORACIÓN DO PERFIL PROFESIONAL DO PROCESO DE SELECCIÓN DO POSTO DE PERSOAL TÉCNICO (TECGALP-GAS/2024) Unha vez realizada a valoración correspondente, segundo tense establecido nas bases do proceso de selección e contratación do posto indicado, a través da presente comunícase a puntuación provisional en relación coa valoración do perfil profesional acadada polas persoas que continúan no dito proceso. PUBLICACIÓN DO RESULTADO ACADADO POLAS PERSOAS DEFINITIVAMENTE ADMITIDAS NA VALORACIÓN DO PERFIL PROFESIONAL DO PROCESO DE SELECCIÓN DO POSTO DE PERSOAL TÉCNICO (TECGALP-GAS/2024) aqui Tal e como establecen as bases do proceso de selección do posto de Persoal Técnico, ábrese o período de alegacións de dous (2) días hábiles (de luns a venre...

PUBLICACIÓN DO RESULTADO ACADADO POLAS PERSOAS DEFINITIVAMENTE ADMITIDAS NA PROBA ESCRITA DO PROCESO DE SELECCIÓN DO POSTO DE PERSOAL TÉCNICO (TECGALP-GAS/2024)

Imagen
  Publicacion:  18/10/2024 SELECCIÓN E CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL NA ASOCIACIÓN "GRUPO DE ACCIÓN LOCAL DO SECTOR PESQUEIRO GOLFO ÁRTABRO SUR"   PUBLICACIÓN DO RESULTADO ACADADO POLAS PERSOAS DEFINITIVAMENTE ADMITIDAS NA PROBA ESCRITA DO PROCESO DE SELECCIÓN DO POSTO DE PERSOAL TÉCNICO (TECGALP-GAS/2024) Unha vez rematado o prazo para a presentación de alegacións sen que se teña presentado ningunha e seguindo co proceso de selección e contratación do posto indicado, a través da presente comunícase a puntuación final acadada polas persoas admitidas definitivamente na realización da proba escrita sobre os coñecementos relativos á actividade do GALP Golfo Ártabro Sur e a normativa de aplicación técnica que se establece nas bases do dito proceso. Tras a realización da proba escrita continuarase co proceso de selección coa valoración do perfil profesional das candidaturas que teñen superado a mencionada proba escrita.

PUBLICACIÓN DO RESULTADO ACADADO POLAS PERSOAS DEFINITIVAMENTE ADMITIDAS NA PROBA ESCRITA DO PROCESO DE SELECCIÓN DO POSTO DE PERSOAL TÉCNICO (TECGALP-GAS/2024)

Imagen
  Publicacion: 15/10/2024 PUBLICACIÓN DO RESULTADO ACADADO POLAS PERSOAS DEFINITIVAMENTE ADMITIDAS NA PROBA ESCRITA DO PROCESO DE SELECCIÓN DO POSTO DE PERSOAL TÉCNICO (TECGALP-GAS/2024) Seguindo co proceso de selección e contratación do posto indicado, a través da presente comunícase a puntuación acadada polas persoas admitidas definitivamente na realización da proba escrita sobre os coñecementos relativos á actividade do GALP Golfo Ártabro Sur e a normativa de aplicación técnica que se establece nas bases do dito proceso. Publicación do resultado acadado polas persoas definitivamente admitidas na proba escrita do proceso de selección do posto técnico (TECGALP-GAS/2024 ) Tal e como establecen as bases do proceso de selección do posto de Persoal Técnico, ábrese o período de alegacións de dous (2) días hábiles (de luns a venres) a contar dende o día seguinte á data de publicación da presente comunicación. De non recibirse ningunha alegación ao respecto, darase por def...

CONVOCATORIA DAS PERSOAS DEFINITIVAMENTE ADMITIDAS Á PROBA ESCRITA DO PROCESO DE SELECCIÓN DO POSTO DE PERSOAL TÉCNICO (TECGALP-GAS/2024)

Imagen
  Publicacion:  08/10/2024 SELECCIÓN E CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL NA ASOCIACIÓN "GRUPO DE ACCIÓN LOCAL DO SECTOR PESQUEIRO GOLFO ÁRTABRO SUR" Seguindo co proceso de selección e contratación do posto indicado, a través da presente comunicación convócase ás persoas admitidas definitivamente ao mesmo para a realización da proba escrita sobre os coñecementos relativos á actividade do GALP Golfo Ártabro Sur e a normativa de aplicación técnica que se establece nas bases do dito proceso. CONVOCATORIA DAS PERSOAS DEFINITIVAMENTE ADMITIDAS Á PROBA ESCRITA DO PROCESO DE SELECCIÓN DO POSTO DE PERSOAL TÉCNICO (TECGALP-GAS/2024) AQUÍ G M T Detectar idioma Afrikáans Albanés Alemán Árabe Armenio Azerí Bengalí Bielorruso Birmano Bosnio Búlgaro Canarés Catalán Cebuano Checo Chichewa Chino (Simp) Chino (Trad) Cincalés Coreano Criollo haitiano Croata Danés Eslovaco Esloveno Español Esperanto Estonio Euskera Finlandés Francés Galés Gallego Georgiano Griego Gujarati Hausa Hebreo Hind...

O GALP Golfo Ártabro Sur fai unha viaxe de estudio a Illa de Menorca, nun intercambio de saberes sobre sostibilidade e conservación

Imagen
Do 30 de setembro ao 4 de outubro de 2024, o GALP Golfo Ártabro Sur participou nun intercambio de experiencias co Leader Illa de Menorca. Este encontro centrouse en fortalecer a colaboración entre ambas as rexións, destacando a importancia do Golfo Ártabro como unha área rica en tradicións pesqueiras e recursos naturais. Durante esta visita, representantes do GALP puideron coñecer iniciativas innovadoras como a sala de envasado de peixe da Cofradía de Pescadores de Ciutadella e un refrigerador solar para embarcacións de pesca artesanal. Estas prácticas sostibles son exemplos que poden ser replicados no Golfo Ártabro Sur, buscando mellorar a eficiencia e a calidade da pesca no territorio. O Mercado Municipal de Ciutadella tamén foi un punto de interese, onde se observou como a integración de produtos frescos e a economía circular poden beneficiar tanto ao sector pesqueiro como ao desenvolvemento turístico. Estas sinerxías son clave para impulsar o crecemento económico, creando oportunid...

Publicación do Listado definitivo das persoas candidatas a persoal Técnico do GALP Golfo Ártabro Sur

Imagen
    Publicación Listaxe definitiva das candidaturas a Técnico GALP Golfo Ártabro Sur aquí. Tal e como establecen as bases do proceso de selección do posto de Persoal Técnico, unha vez transcorrido o período de alegacións de dous (2) días hábiles (de luns a venres) a contar dende o día seguinte á data de publicación da presente comunicación, dáse por definitiva a presente lista, continuando co proceso de selección.

O Reloxo da Lonxa de Sada: un testemuño da historia pesqueira e da innovación nas subastas

Imagen
Dende a década dos 50, o emblemático reloxo da lonxa de Sada xogou un papel crucial na modernización das subastas de peixe. Con el, as subastas automatizáronse, permitindo que os compradores puidesen poxar comodamente dende os seus asentos. O reloxo marcaba o comezo da poxa, iniciando a ruleta en 900 pesetas e, mentres a cifra descendía, os compradores agardaban o momento oportuno para premer o botón das súas cadeiras. Nese intre, o reloxo detíñase e o peixe quedaba adxudicado ao comprador, cuxo número se amosaba na pantalla. Este sistema revolucionario marcou unha transformación no sector pesqueiro, axilizando e modernizando un proceso tradicional, e converteuse nun símbolo de innovación para a época. Coa inauguración da nova lonxa de Sada, o reloxo pasou a ser un elemento imprescindible nas transaccións, mantendo a eficiencia e a transparencia nas subastas. Hoxe en día a subasta consisten en que unha vez descargado o peixe no porto, é levado á lonxa onde se pesa e etiqueta cada caixa...

Mobiliario de formigón reciclado a partir de cáscara de mexillón, un exemplo de innovación e sostibilidade grazas ás axudas do GALP Golfo Ártabro Sur

Imagen
No marco das axudas do GALP Golfo Ártabro Sur, levouse a cabo un proxecto innovador que demostrou como a sostibilidade pode transformar o sector da construción. A empresa Construcciones Ramos, grazas ao apoio recibido, diversificou a súa actividade coa creación dunha nova liña de negocio: a fabricación de mobiliario feito con formigón a partir de cáscaras de mexillón recicladas. O proxecto centrouse na adecuación dunha nave industrial como espazo expositivo e comercial, onde se amosou esta nova gama de produtos. O obxectivo principal era empregar residuos mariños valorizados, aproveitando as cáscaras de moluscos como árido reciclado para a produción de formigón. Desta forma, non só se contribuíu a reducir a pegada ambiental, senón que tamén se puxo en valor o potencial dos refugallos mariños para crear produtos sostibles e innovadores. Ademais, desenvolvéronse accións de comunicación e divulgación para destacar a importancia deste proceso produtivo. A exposición do mobiliario amosou no...

O roteiro Son do Mar III en A Coruña un éxito de participación e memoria mariñeira

Imagen
O pasado 21 de setembro celebrouse en A Coruña a terceira edición do roteiro teatralizado Son do Mar , organizado polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur en contando coa representación teatral da asociación Alentía Teatro. Esta iniciativa mergullou aos asistentes na vida mariñeira da Coruña de mediados do século pasado, recreando escenas que lembran os tempos nos que o mar foi fonte de vida para tantas familias, un legado que hoxe en día segue presente. Ao longo do percorrido, foron aparecendo ata once escenas protagonizadas por personaxes que compartiron historias de valentía, amor e sacrificio. Dende a muller que mercaba peixe no peirao ata o mariñeiro que regresaba de Terranova despois de meses no mar, cada personaxe representou un anaco da historia mariñeira da cidade. O espectador, inmerso nas historias, puido conectar coas vidas entrelazadas coa auga e a terra. O personaxe de Ramón Boutureira, un emigrante que retornou de Nova York despois de seten...

Encontro coa Consellería do Mar e os GALP galegos para avanzar no futuro do sector pesqueiro

Imagen
O pasado 5 de setembro, mantivemos reunión cos representantes dos GALP galegos e a Consellería do Mar. O encontro estivo presidido polo conselleiro Alfonso Villares, acompañado da secretaria xeral técnica da Consellería, Marta Barreiro, e da directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde. Durante a xuntanza, presentaronse os proxectos actuais e futuros dos GALPS, subliñando a importancia de continuar apoiando iniciativas innovadoras no ámbito da pesca e o marisqueo. O sector pesqueiro é fundamental para Galicia, non só como fonte de emprego e riqueza, senón tamén como garante dun modelo sostible que protexe os recursos mariños. Ademais de expoñer os avances realizados no marco do programa de desenvolvemento local no ámbito pesqueiro, tratáronse temas clave relacionados coas estratexias para mellorar a competitividade do sector e as súas infraestruturas. O conselleiro destacou a importancia de que todas as iniciativas se adapten ás necesidades actuais do sector, garantin...

Publicación Listado Provisional Admitidos do proceso selectivo para puesto Técnico Galp Golfo Ártabro Sur

Imagen
  Publícacion:  30/09/2024 Publicase o listado de Provisional de persoas candidatas ao posto de persoal Técnico do GALP Golfo Ártabro Sur. Listado provisional de persoas candidatas aquí Tal e como establecen as bases do proceso de selección do posto de Persoal Técnico, ábrese o período de alegacións de dous (2) días hábiles (de luns a venres) a contar dende o día seguinte á data de publicación da presente comunicación. De non recibirse ningunha alegación ao respecto, darase por definitiva a presente lista, continuando co proceso de selección.  

Publicación Listado Provisional Admitidos e Subsanacións proceso selectivo para puesto Técnico Galp Golfo Ártabro Sur

Imagen
Publicación:  26/09/2024  Públicase o listado de candidaturas admitidas e subsanación no proceso de selección de persoal técnico do GALP Golfo Ártabro Sur. Darase un prazo de 2 días a partir data de publicación, para presentar a subsanación da documentación. Listado de candidaturas admitidas e subsanacións persoal técnico máis información aquí. GALP Golfo Ártabro Sur G M T Detectar idioma Afrikáans Albanés Alemán Árabe Armenio Azerí Bengalí Bielorruso Birmano Bosnio Búlgaro Canarés Catalán Cebuano Checo Chichewa Chino (Simp) Chino (Trad) Cincalés Coreano Criollo haitiano Croata Danés Eslovaco Esloveno Español Esperanto Estonio Euskera Finlandés Francés Galés Gallego Georgiano Griego Gujarati Hausa Hebreo Hindi Hmong Holandés Húngaro Igbo Indonesio Inglés Irlandés Islandés Italiano Japonés Javanés Jemer Kazajo Lao Latín Letón Lituano Macedonio Malayalam Malayo Malgache Maltés Maorí Maratí Mongol Nepalí Noruego Persa Polaco Portugués Punjabí Rumano Ruso Serbio Sesoto Somalí...