O GALP Golfo Ártabro Sur organiza unha xornada inclusiva para achegar o mundo mariñeiro a persoas con diversidade funcional a través da actividade “Un mar de Ilusións”
O 25 de outubro, a Lonxa de Sada converteuse no epicentro dunha xornada inclusiva organizada polo GALP Golfo Ártabro Sur para achegar o apaixonante mundo mariñeiro a máis de 50 persoas con diversidade funcional, pertencentes ás entidades ASPACE, ASPANAES, ASPRONAGA, ASPADISOL e o Centro Ocupacional Pascual Veiga gozaron dunha xornada única, onde tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man a vida mariñeira mediante actividades formativas e lúdicas adaptadas ás súas necesidades, a través da actividade “Un mar de Ilusións”.
A xornada comezou cunha representación teatral a cargo de Alentía Teatro, a través dunha peza teatral inclusiva, na que se abordaron cuestións tan importantes como o proceso que segue o peixe do mar á mesa, a conservación dos océanos e a sustentabilidade medioambiental, temas clave para o futuro do sector pesqueiro, sensibilizando e oncienciando sobre a importancia de manter limpos os mares e de respetar o medio mariño. A experiencia continuou coa participación activa dos asistentes nas operacións cotiás da Lonxa de Sada. Grazas á colaboración da Cofradía de Pescadores de Sada e ACERGA, os participantes puideron observar todo o proceso de chegada do peixe á lonxa, desde a descarga das capturas, pasando pola súa pesaxe e etiquetado, ata a tradicional subasta, onde se converteron en compradores por un día, revivindo a rula máis antiga de Galicia enfuncionamento, vivindo unha experiencia inmersiva que lles permitiu interactuar coa actividade pesqueira real.">Un dos momentos máis especiais da xornada foi o concerto ofrecido pola Agrupación Musical de Pulso e Púa "Carlos Seijo", que interpretou pezas de música tradicional style="clear: both; text-align: left;">mariñeira. O recital serviu para reivindicar o patrimonio cultural mariñeiro, poñendo en valor as tradicións costeiras que forman parte da identidade das comunidades mariñeiras galegas. Este evento, desenvolvido polo GALP Golfo Ártabro Sur, é unha mostra máis do compromiso desta entidade coa inclusión social e a promoción da cultura mariñeira entre todos os colectivos.
Todas as actividades estiveron deseñadas e adaptadas para garantir que as persoas con diversidade funcional puidesen gozar plenamente da experiencia,asegurando a súa participación activa en cada unha das propostas.A xornada contou co apoio e colaboración da Confraría de Pescadores de Sada,ACERGA e o Concello de Sada, permitindo achegar a realidade do sector pesqueiro e destacando a importancia de manter viva a tradición mariñeira nas nosas costas.
Comentarios
Publicar un comentario