O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur é entidade colaboradora da Conselleria do Mar para a xestión de axudas ao abeiro da EDLP financiados polo Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura (70%) e Consellería do Mar (30%).
Seguindo
co proceso de selección e contratación do posto indicado, a través da
presente comunícase a puntuación provisional acadada polas persoas
admitidas na realización da entrevista persoal coa finalidade de
acreditar oralmente as súas competencias e habilidades individuais ao
posto que se establece nas bases do dito proceso.
Tal e como establecen as bases do proceso de selección do posto de
Persoal Técnico, ábrese o período de alegacións de dous (2) días hábiles
(de luns a venres) a contar dende o día seguinte á data de publicación
da presente comunicación.
De non recibirse ningunha alegación ao respecto, darase por
definitiva a presente puntuación, continuando co proceso de selección.
G
M
T
La función de sonido está limitada a 200 caracteres
O Tizón de Nadal é unha das tradicións máis antigas e fermosas que perduran en Galicia, especialmente nas aldeas e nas zonas máis rurais. Este rito remóntase aos tempos dos celtas, cando as comunidades realizaban celebracións en honra á deusa Nai Terra durante o solsticio de inverno. Naquela noite, as lareiras se enchían de vida cun grande madeiro, e a súa brasa debía manterse acesa durante toda a noite para garantir boa sorte, protección e prosperidade para o ano novo. Este costume estaba ligado á crenza de que, ao acender o madeiro no solsticio, destruíase o vello para dar paso ao novo. O Tizón simbolizaba a renovación, un cambio de ciclo que viña cargado de boas enerxías e desexos de prosperidade. O feito de manter o madeiro aceso durante toda a noite, até a chegada do Ano Novo, era un acto de fe na protección que a calor e a luz do fogar ofrecían á familia. O foco do rito era o fogar, o lugar onde as persoas se sentían máis seguras e onde se renovaban os lazos familiares. En Galici...
O porto de Sada , situado no corazón do Golfo Ártabro , está a vivir unha transformación significativa grazas á instalación dunha nova cámara frigorífica na Lonxa de Sada , un proxecto clave para mellorar a conservación dos produtos pesqueiros e favorecer a súa valorización. Esta infraestrutura, que foi adquirida, instalada e posta en marcha co apoio do GALP Golfo Ártabro Sur, ten como obxectivo optimizar o almacenamento e a refrigeración das capturas recibidas na lonxa. A cámara frigorífica dispón de duas zonas diferenciadas , unha para conxelado e outra para a estabilización de fresco , o que permite mellorar a conservación dos produtos pesqueiros e reducir a necesidade de transportes. Isto resulta especialmente beneficioso para os armadores das zonas de Sada, Ares, Lorbé e Pontedeume , ao disminuir a pegada de carbono, facilitar a conservación das capturas e mellorar a súa calidade, reducindo a perda de produto. A nova instalación complementa os servizos xa dispoñibles na Lonxa de...
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, salientou na xornada "As estratexias de desenvolvemento local participativo promotoras da Economía Azul" a importancia dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) como elementos clave para o impulso dunha economía azul sostible. No evento, organizado pola Consellería do Mar, destacouse o papel destes grupos na promoción de proxectos innovadores que buscan equilibrar o capital humano e os recursos mariños das zonas costeiras, en liña cos obxectivos do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura (FEMPA). Os GALP como motores de transformación Durante a súa intervención, o conselleiro, acompañado pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, subliñou a capacidade dos GALP para fomentar proxectos transformadores vinculados ao territorio. Estes proxectos permiten combinar sustentabilidade e crecemento económico, ademais de visibilizar novas oportunidades nos sectores marítimos e pesqueiros. O evento forma parte da Estratexi...
Comentarios
Publicar un comentario