O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur é entidade colaboradora da Conselleria do Mar para a xestión de axudas ao abeiro da EDLP financiados polo Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura (70%) e Consellería do Mar (30%).
PUBLICACIÓN DO RESULTADO ACADADO POLAS PERSOAS DEFINITIVAMENTE ADMITIDAS NA VALORACIÓN DO PERFIL PROFESIONAL DO PROCESO DE SELECCIÓN DO POSTO DE PERSOAL TÉCNICO (TECGALP-GAS/2024)
Obtener enlace
Facebook
X
Pinterest
Correo electrónico
Otras aplicaciones
-
Publicacion:
21/10/2024
SELECCIÓN E CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL NA ASOCIACIÓN "GRUPO DE ACCIÓN LOCAL DO SECTOR PESQUEIRO GOLFO ÁRTABRO SUR"
PUBLICACIÓN DO RESULTADO ACADADO POLAS PERSOAS
DEFINITIVAMENTE ADMITIDAS NA VALORACIÓN DO PERFIL PROFESIONAL DO
PROCESO DE SELECCIÓN DO POSTO DE PERSOAL TÉCNICO (TECGALP-GAS/2024)
Unha vez realizada a valoración correspondente, segundo tense
establecido nas bases do proceso de selección e contratación do posto
indicado, a través da presente comunícase a puntuación provisional en
relación coa valoración do perfil profesional acadada polas persoas que
continúan no dito proceso.
Tal e como establecen as bases do proceso de selección do posto de
Persoal Técnico, ábrese o período de alegacións de dous (2) días hábiles
(de luns a venres) a contar dende o día seguinte á data de publicación
da presente comunicación.
De non recibirse ningunha alegación ao respecto, darase por
definitiva a presente puntuación, continuando co proceso de selección.
G
M
T
La función de sonido está limitada a 200 caracteres
O Tizón de Nadal é unha das tradicións máis antigas e fermosas que perduran en Galicia, especialmente nas aldeas e nas zonas máis rurais. Este rito remóntase aos tempos dos celtas, cando as comunidades realizaban celebracións en honra á deusa Nai Terra durante o solsticio de inverno. Naquela noite, as lareiras se enchían de vida cun grande madeiro, e a súa brasa debía manterse acesa durante toda a noite para garantir boa sorte, protección e prosperidade para o ano novo. Este costume estaba ligado á crenza de que, ao acender o madeiro no solsticio, destruíase o vello para dar paso ao novo. O Tizón simbolizaba a renovación, un cambio de ciclo que viña cargado de boas enerxías e desexos de prosperidade. O feito de manter o madeiro aceso durante toda a noite, até a chegada do Ano Novo, era un acto de fe na protección que a calor e a luz do fogar ofrecían á familia. O foco do rito era o fogar, o lugar onde as persoas se sentían máis seguras e onde se renovaban os lazos familiares. En Galici...
O porto de Sada , situado no corazón do Golfo Ártabro , está a vivir unha transformación significativa grazas á instalación dunha nova cámara frigorífica na Lonxa de Sada , un proxecto clave para mellorar a conservación dos produtos pesqueiros e favorecer a súa valorización. Esta infraestrutura, que foi adquirida, instalada e posta en marcha co apoio do GALP Golfo Ártabro Sur, ten como obxectivo optimizar o almacenamento e a refrigeración das capturas recibidas na lonxa. A cámara frigorífica dispón de duas zonas diferenciadas , unha para conxelado e outra para a estabilización de fresco , o que permite mellorar a conservación dos produtos pesqueiros e reducir a necesidade de transportes. Isto resulta especialmente beneficioso para os armadores das zonas de Sada, Ares, Lorbé e Pontedeume , ao disminuir a pegada de carbono, facilitar a conservación das capturas e mellorar a súa calidade, reducindo a perda de produto. A nova instalación complementa os servizos xa dispoñibles na Lonxa de...
O bacallau con coliflor é un prato que non só forma parte da tradición culinaria de Galicia, senón que tamén é un símbolo de adaptación, resilencia e herdanza cultural. Este prato, popular nas ceas de Nadal, remóntase a séculos atrás, cando as normas relixiosas da Igrexa católica prohibían o consumo de carne durante o tempo de Advento e Nadal. Nestes tempos de austeridade, as familias galegas buscaban alternativas para alimentarse sen quebrantar os preceptos da fe. Aínda que o bacallau non é un peixe autóctono de Galicia, a súa chegada ás nosas costas está estreitamente vinculada coas rutas pesqueiras do Atlántico Norte. Desde fai máis de cinco séculos, galegos e portugueses establecían comerciais con rexións coma Terranova, no Canadá, onde o bacallau se pescaba e secaba para garantir a súa conservación durante todo o ano, pronto se estableceu como a opción principal para as ceas da noite boa. E foi precisamente nesta época do ano cando se comezou a combinar coas verduras de tempada, e...
Comentarios
Publicar un comentario