O Reloxo da Lonxa de Sada: un testemuño da historia pesqueira e da innovación nas subastas



Dende a década dos 50, o emblemático reloxo da lonxa de Sada xogou un papel crucial na modernización das subastas de peixe. Con el, as subastas automatizáronse, permitindo que os compradores puidesen poxar comodamente dende os seus asentos. O reloxo marcaba o comezo da poxa, iniciando a ruleta en 900 pesetas e, mentres a cifra descendía, os compradores agardaban o momento oportuno para premer o botón das súas cadeiras. Nese intre, o reloxo detíñase e o peixe quedaba adxudicado ao comprador, cuxo número se amosaba na pantalla.

Este sistema revolucionario marcou unha transformación no sector pesqueiro, axilizando e modernizando un proceso tradicional, e converteuse nun símbolo de innovación para a época. Coa inauguración da nova lonxa de Sada, o reloxo pasou a ser un elemento imprescindible nas transaccións, mantendo a eficiencia e a transparencia nas subastas.

Hoxe en día a subasta consisten en que unha vez descargado o peixe no porto, é levado á lonxa onde se pesa e etiqueta cada caixa. Logo, realízase a primeira venda mediante o sistema de poxa a baixa, mantendo así un vínculo coa tradición, pero adaptado aos tempos modernos. A lonxa de Sada emprega unha plataforma de subasta en liña vinculada coa plataforma de innovadora ACERGA, que permite aos compradores participar de maneira remota. Este sistema garante que o peixe chegue aos consumidores coa máxima frescura e calidade, brindando total transparencia e confianza en cada transacción. Así, a lonxa continúa a evolucionar mantendo o compromiso coa excelencia e a sostibilidade.

Aínda que as tecnoloxías modernas teñen substituído o antigo sistema, o reloxo segue en funcionamento, sendo dos poucos que quedan que funcionan. Lembrando un pasado no que o mar era o principal sustento e as subastas de peixe marcaban o ritmo da vida na lonxa.

O reloxo da lonxa non só foi testemuño da evolución do sector, senón que tamén representa a capacidade de adaptarse aos cambios sen esquecer a historia. É un recordatorio da importancia do noso pasado e do valor de preservar os elementos que nos conectan coa nosa cultura mariñeira.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024