Torre de Hércules a piques de ser espazo natural de interese local


  • Vense de publicar no DOG o anteproxecto que declara provisionalmente a zona ENIL

A contorna da Torre de Hércules está en proceso de ser declarada espazo natural de interese local (ENIL). A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ven de publicar no DOG que se somete a información pública e audiencia o anteproxecto de orde de declaración provisional da zona da Torre de Hércules como ENIL. Deste xeito búscase conservar o patrimonio paisaxístico e natural da contorna. Ábrese agora un período de 20 días hábiles para que as persoas interesadas poidan facer as alegacións que consideren.

A zona que busca ser recoñecida como ENIL abrangue un total de 39,48 hectáreas que van desde a praia das Lapas, pasando pola contorna do faro romano, Punta Herminia e o campo dos Menhires, chegando ata a cala de Durmideiras.

Con esta iniciativa preténdese garantir a preservación da flora e a fauna da contorna. Agora haberá un prazo de dous anos para que os promotores do proxecto presenten o seu plan de conservación para avanzar cara a declaración definitiva do ENIL. Podedes consultar o anteproxecto na seguinte ligazón https://bit.ly/2G5cEtu  


Comentarios

Entradas populares de este blog

Aberta a nova convocatoria de axudas 2024

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024

Un estudo ambiental contabiliza en 2.226 a poboación de especies mariñas e terrestes do territorio