Torre de Hércules a piques de ser espazo natural de interese local
- Vense de
publicar no DOG o anteproxecto que declara provisionalmente a zona ENIL
A contorna da Torre de Hércules está en proceso de ser declarada espazo
natural de interese local (ENIL). A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e
Vivenda ven de publicar no DOG que se somete a información pública e audiencia o
anteproxecto de orde de declaración provisional da zona da Torre de Hércules
como ENIL. Deste xeito búscase conservar o patrimonio paisaxístico e natural da
contorna. Ábrese agora un período de 20 días hábiles para que as persoas
interesadas poidan facer as alegacións que consideren.
A zona que busca ser recoñecida como ENIL abrangue un total de 39,48
hectáreas que van desde a praia das Lapas, pasando pola contorna do faro
romano, Punta Herminia e o campo dos Menhires, chegando ata a cala de
Durmideiras.
Con esta iniciativa preténdese garantir a preservación da flora e a
fauna da contorna. Agora haberá un prazo de dous anos para que os promotores do
proxecto presenten o seu plan de conservación para avanzar cara a declaración
definitiva do ENIL. Podedes consultar o anteproxecto na seguinte ligazón https://bit.ly/2G5cEtu
Comentarios
Publicar un comentario