A PRAIA DE SANTA CRISTINA ACOLLE A IV BANDEIRA CONCELLO DE OLEIRO FEMININA


·        O GALP Golfo Ártabro Sur colabora nesta actividade a través da financiación do proxecto Tradición Ártabra

08 de xullo de 2019. O Club de Regatas Salgado-Perillo organiza a IV Bandeira Concello Oleiros Feminina. A regata celebrarase na praia de Santa Cristina este sábado, 13 de xullo, ás 17:30 horas.

Esta actividade está subvencionada polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur a través do proxecto Tradición Ártabra. A iniciativa ten por obxectivo poñer en valor o remo en traiñeira e os valores naturais e patrimoniais do Golfo Ártabro Sur. Con estas actividades contribúese ao desenvolvemento económico da zona e foméntase a cooperación intersectorial no territorio.

No proxecto Tradición Ártabra á par que se realizan as regatas, terán lugar outras actividades paralelas que darán a coñecer os valores ambientais e os produtos do Golfo Ártabro Sur. Dentro do proxecto tamén se inclúen campamentos e actividades nos centros educativos do territorio nos que fomentar o deporte tradicional, os valores ambientais e da cultura mariñeira e as boas prácticas para conservalos. https://tradicionartabra.es/

Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024