FIN DE SEMANA DEPORTIVA NA PRAIA DE SANTA CRISTINA



·        O GALP Golfo Ártabro Sur participa na organización de dúas regatas a través do financiamento do proxecto Tradición Ártabra

Achégase unha fin de semana de deporte acuático na praia de Santa Cristina, sita no concello de Oleiros. Alí terá lugar a VIII Bandeira Salgado Congelados, unha regata organizada polo Club de Regatas Salgado-Perillo. A actividade celebrarase o sábado, 13 de xullo, ás 18:15 horas. Esa mesma tarde, tamén terá lugar a IV Bandeira Concello Oleiros Feminina, ás 17:30 horas.   



O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur subvencionará ambas actividades grazas ao financiamento do proxecto Tradición Ártabra, unha iniciativa que busca salientar o remo en traiñeira, así como concienciar sobre os valores naturais e patrimoniais da zona do Golfo Ártabro Sur. Deste xeito tamén se pretende impulsar a economía e a cooperación no territorio.

Dentro deste proxecto realízanse diversas actividades en campamentos e centros educativos, que teñen como obxectivo dar a coñecer os produtos e os valores ambientais do territorio, a cultura mariñeira e as boas prácticas para a súa preservación. Se queres saber máis sobre Tradición Ártabra pincha na seguinte ligazón https://tradicionartabra.es/.  



Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

O GALP Golfo Ártabro Sur adapta a súa estratexia para responder ás necesidades do territorio