A lonxa da Coruña modernizou a súa iluminación grazas a un proxecto financiado polo GALP Golfo Ártabro Sur
- A iniciativa tiña como obxectivo o aforro enerxético e o desenvolvemento enerxético sostible da lonxa.
- Con este proxecto mantivéronse 3 postos de traballo.
O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur
está comprometido co medio ambiente, por iso levou a cabo, ao longo dos últimos
anos, diversas accións de aforro enerxético e de impulso cara unha economía
baixa en carbono en lugares como a Lonxa da Coruña, sita nun dos portos máis
importantes de España e da Unión Europea.
No 2017 o Golfo Ártabro Sur desenvolveu un proxecto de modernización
das luminarias a través de tecnoloxía LED e equipos con máis de seis
anos de vida útil nesta lonxa. Para conseguilo investiu 101.738,13 €.
Esta reforma tiña como obxectivo principal a mellora da eficiencia
enerxética da empresa a través da modernización das instalacións da lonxa,
mellorando a competitividade e a posibilidade de manter o emprego. Deste
xeito conséguese tamén aproveitar o patrimonio medio ambiental das zonas
pesqueiras de forma sostible, mitigando o cambio climático e favorecendo
unha transición a unha economía baixa en emisións de carbono. Con esta
iniciativa conseguíronse manter 3 postos de traballo.
Comentarios
Publicar un comentario