“A ver si remontamos esta situación. Só dicirlles a todos e todas (eu incluído) que, despois de que isto comece a abrirse, intentemos apoiar aos noso sectores nacionais”
Felipe
Canosa Entonado, patrón maior da Cofradía da Coruña, participa na campaña “Queda
na casa, queda co noso mar” para aportarnos unha visión moi ampla do
sector: a situación da pesca, do marisqueo, da lonxa de A Coruña... E un toque
bastante social. Comenta que para saír de algo así, deberíamos de
solidarizarnos máis e apoiarnos os uns aos outros.
1.
Cal é a situación actual do sector? E a vosa
en concreto? Que vos din de outras cofradías?
Nós estamos traballando máis ou menos
dentro do normal. Hai incidencias porque hai unha parte da frota que non está
indo ao mar e temos recursos parados, como o marisqueo. Onde máis o notamos é
na lonxa, porque non se está a traballar con normalidade, ten que entrar
menos xente e as ventas fanse mais difíciles.
2.
Como cres que afectou o COVID-19 ao sector? Como
vos está afectando a actual situación de confinamento?
No que máis nos
afecta e na venta. Todo isto é unha cadea, ao estar pechados restaurantes,
marisquerías e demais, os peixes máis finos (rodaballos, lenguados, san
martiños, etc.) e os mariscos non tes a quen venderllos, iso só se move a
través da hostalaría e ata que iso non arranque, non vai empezar. Os
mariscadores de a pé o mesmo, tamén están parados, a quen lle venden a
produción de ameixa?
3.
Tedes algún caso de contaxio por COVID-19?
Nós gracias a
dios ningún.
4.
Que medidas estades a adoptar para evitar os
contaxios?
Temos as mascarillas
que nos facilitou a Concellería de Pesca e algunha que xa tiñamos nós. Polo
noso traballo xa sempre contas con algunha para cando lixas un barco ou o
pintas. O máis complicado a bordo é respectar as distancias de seguridade. Eu
traballo con un rapaz e cada un leva o seu coche para o muelle, traballamos e
volvemos cada un para súa casa. Eu pola miña parte, estou na casa e non ando
por aí, para evitar contaxios.
5.
Hai medo entre a tripulación?
Hai xente de
todo. Eu creo que tampouco é para ter tanto medo, pero si andar precavido. Realmente
non ten tanta mortaldade a enfermidade, sobre todo en Galicia, o que tes é que
cumprir as medidas. A xente que cumpriu os confinamentos agora está limpa e non
o pillou, así que a ver se vai marchando. Evidentemente, non deixa de ser unha
desgracia. Tamén pola parte económica. Canta xente vai quedar sen emprego? Eu
xa coñezo xente de hostalaría que di que non vai abrir.
6.
Que diferencia hai entre cada tipo de frota?
Eu supoño
que para as frotas máis industrializadas, como a frota de altura, terá menos
incidencia. Practicamente moita da produción xa a procesan a bordo ou capturan peixes
que non se venden frescos como pescada, pota ou calamar, que vai moito a nivel
de conxelados. Todo iso a xente ségueo comprando igual. Imaxino que, por sorte,
verase menos afectada este tipo de pesca.
7.
Que
apoio e información estades a recibir desde as institucións?
Todo ese tipo de
axudas que se piden, polo que teño entendido teñen que ser con carácter persoal.
Se somos cen cofrades, cada un dos cen ten unha situación diferente e tería que
estudialo coa súa asesoría. Logo están os ERTE’s pero non está a cousa nada
clara. Algúns intentaron pedilo e dixéronlle que non.
8.
Estades a recibir algunha axuda de apoio a
actividade dende estas? Axudas económicas?
Falar falan de
axudas e de mobilizar cartos cara o sector, pero despois todo é letra pequena.
Aos bancos apoiáronos no seu momento e agora deberían ser os bancos os que apoiasen
á xente. A todos e todas os que teñen hipotecas e créditos, pois que se lle apracen as cotas. Non é que che perdoen
nada, senón que che axuden. Todos temos que arrimar o ombro.
9.
Que cres que se podería facer diferente/mellor
ou deixar de facer para mellorar a vosa situación?
Unha mezcla de
todo isto que estamos a falar. Hai xente nova que se acaban de meter nunha
embarcación e están con créditos e se ven afectados, por exemplo, porque están
centrados nun peixe en concreto e fáiselle costa arriba e necesitan axuda. Pero
cada caso é moi diferente e particular.
Para o
desconfinamento, por exemplo, eu entendo que non sería razoable desconfinar á
xente en Madrid coma en Galicia, teñen moitos máis casos, ao mellor aquí pódese
abrir un pouco mais. Si deberían empezar a deixar algo, podiamos saír en
función da ubicación, por idades ou por xente que traballa ou non, por exemplo,
eu estou indo a traballar e xa saio algo da casa, pois a fin de semana non saio
e que lle permitan ir dar un paseo á xente que si está na casa todos os días,
ven protexidos e separados uns dos outros. Todo é cuestión de organizalo.
10.
Tivestes que solicitar ou facer algún ERTE? Cambian
en función do tipo de frota?
Nós non, pero
sei dalgún compañeiro que tiña esa idea e logo de consultalo coa súa xestoría deixou
a idea.
A ver, e que nós,
sendo sector primario, non temos a posibilidade dun ERTE salvo que, por exemplo,
se infectara parte da flota e tiveran que confinarse ou algo polo estilo. Pero
como a actividade non se parou no mar, igual que no campo, non podemos parar
aínda tendo que asumir un risco maior. Porque se aínda encima desta situación,
o sector primario bota o candado... Que comemos? No mercado ten que haber
peixe, verduras, patacas, pan, etc.
O mesmo pasa cos
médicos, cos caixeiros, cos transportistas... Son esenciais!
11.
Estades a atoparvos con problemas para poder
comercializar o produto?
Ao estar
hostalaría cerrada non hai posibilidade de venda, a produción que poden
conseguir cen mariscadores ao día non lla das vendido a domicilios
particulares, iso consúmese maioritariamente en hostalaría e, se non hai
cliente, non podes ir apañar. O marisqueo na ría, a agrupación de percebe e a
agrupación de poliquetos están 100% afectados, así como a xente que se dedica
aos peixes máis caros. Un rodaballo de 5-8 quilos que normalmente vai a 35-40€
na lonxa, non llo metes a ninguén. E ao mellor cáeche a 15€ ou así e reséntese
a economía.
12.
Encontrastes
algunha outra saída para o peixe que se vendía directamente a hostalería, ou
tedes algunha estratexia para poder colocar ese produto no mercado?
Non, é que non
hai mais saída ca hostalaría, restauración, marisquerías, hoteis, xente que
organiza eventos ou comidas... Todo ese produto non o da asumido o mercado
hogareño e, se non se defende ao prezo que tiña que levar, pois ten que ir á
metade do prezo, pero non hai outra saída.
13.
Como vos está a afectar a redución no prezo do
peixe?
Xa a cousa vai
indo como vai normalmente... O Goberno fala de algunhas axudas pero tes que
xustificar un 75% de perdas. Imaxina que nunha casa na que entran 2.000€ quitas
o 75%... Quédanche 500€ ao mes. Se tes
un fillo ou dous, unha hipoteca, facturas e tes que comer... Non dan as contas!
Se xa normalmente chegas a fin de mes xusto co que ingresas, como se poden
pedir perdas do 75% pa acceder a axudas?
14.
A redución no prezo do peixe afecta a todas as
especies? A cales afecta?
Non vai en todas
as especies igual. Para os peixes caros e os mariscos non hai demanda e con
moita oferta e pouca demanda, o prezo derrúbase. Noutros peixes coma o xurelo, a
cabala, a marajota, o salmonete, o galo ou a meiga non se resenten os prezos
como se resentiron no peixe caro.
15.
Entendendo as perdas que supón está situación
para o sector, como vos afecta no voso caso en concreto? Compensa saír para
afrontar gastos?
Compensar
compensa porque de non ingresar nada a ingresar algo... Igual se puideras
acceder a axudas pois compensábache quedar, deixando ao marxe o tema de que a
xente ten que comer. Pero bueno, as
axudas tamén son pequenas colaboracións, pero se unha empresa que está
facturando 8.000 ou 10.000 euros con 3.000 ou 3.500 euros xa solo de gasto, con
1.500 euros que che dean non cubre nin os gastos da empresa, e necesitas
cubrilos. Eu creo que éme mellor ir traballar e romper o lombo, aínda que faga
a metede, polo menos pago eses gastos e non quedo a deber.
16.
De seguir nesta situación, de que maneira vai
a afectar ao subministro de peixe no mercado?
Para que non estivera
asegurado tiña que decretar o goberno a paralización da frota. E non podemos
parar de ir ao mar, que comería a xente? Os primeiros días comeriamos as
conservas en stock pero... Cando que se acabaran?
17.
Como cres que evolucionará a situación nun
futuro próximo?
Vai depender de
como argallen ir volvendo á normalidade. Por agora véxoo negro, sobre todo en
algún caso en concreto como poden ser os mariscos, que van moi enfocados á
hostalaría. Primeiro aínda teñen que abrir os restaurantes e logo irá pouco a
pouco a cousa. Porque aínda que a xente esté desexosa de saír, de primeiras
permitiranlle 1/3 do aforo. E xa temas de eventos, bares de copas, movida
xuvenil... Iso xa non sei nin cando abrirá, será o último, porque están coma
sardiñas en lata.
18.
Hai algunha medida ou punto que che gustaría
facer dende xa, de cara a mellorar o traballo na vosa cofradía?
Non, nós
traballamos con normalidade na cofradía, cas medidas de seguridade claro.
19.
Cres que está a cambiar a forma en que a xente
ve o sector pesqueiro?
Eu escoito de
todo. Sinceramente creo que en xeral non. A ver a xente coñecida sempre che da
un pouco de ánimo e aquel recoñecemento polas redes sociais: “grazas por seguir
traballando”, “grazas por seguir indo a pescar e traer o peixe á terra”... Todo
isto agradécese pero, ao fin e ao cabo, tamén é o noso traballo. Eu penso que algo
de marca vai deixar, o que non sei é durante canto tempo... Pero antes ou
despois, a xente olvídase.
Para rematar
esta conversa, esta é a mensaxe que nos deixa Felipe: “a
ver si remontamos esta situación. Solo dicirlles a todos e todas (eu incluído)
que, despois de que isto comece a abrirse, que intentemos apoiar aos noso
sectores nacionais, do que sexan. Se podo comprar uns zapatos na zapatería do
barrio, non vou a unha gran área. Se hai peixe, carne, froita e patacas de
aquí, hai que consumir o produto de aquí. Temos que apoiarnos uns aos outros.”
Comentarios
Publicar un comentario