A lonxa da Coruña consigue reducir a súa pegada de carbono e mellorar o aforro enerxético a través de tres proxectos financiados polo GALP Golfo Ártabro Sur




A través de tres proxectos financiados polo GALP Golfo Ártabro Sur, a lonxa da Coruña buscou solucionar a necesidade do sector de volverse máis competitivo e de modernizar as súas instalacións, para estar dentro das premisas de eficiencia e crecemento azul.

1.       GALP8-007: “Proxecto de aforro enerxético e redución do impacto ambiental na lonxa da Coruña a través da modernización de luminarias e equipos con máis de seis anos de vida útil”
O primeiro deles ten por obxectivo principal mellorar a eficiencia enerxética da empresa e reducir o impacto ambiental na Lonxa da Coruña a través da modernización de luminarias utilizando tecnoloxía LED. Así como reducir custos, mellorando a competitividade e a posibilidade de manter o emprego.

A contribución deste proxecto á Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) vese reflectida nos seguintes puntos:
-          Fomento do aproveitamento sostible do patrimonio medio ambiental das zonas pesqueiras, incluíndo operacións de mitigación do cambio climático e da transición a unha economía de baixas emisións de carbono.
-          Contribuír á redución da pegada de carbono e favorecer un modelo de desenvolvemento enerxético sostible.
-          Instalación de enerxías renovables ou accións que conleven unha mellora da eficiencia enerxética en instalacións (portos, lonxas, embarcacións, equipamentos de frío, procesado, etc.) co fin de conseguir maior  autosuficiencia enerxética.

Os resultados obtidos con este proxecto son os seguintes:
  • Aforro consumo enerxético: 132500 kWh
  • Aforro en coste enerxético aproximado: 11925 euros
  • Redución de emisións: 51012.5 kg de CO2 equivalente

2.      GALP8-008: “Modernización e incremento da capacidade de produción de xeo para atender as necesidades de abastecemento no porto da Coruña”
Este segundo proxecto consiste na modernización das tres máquinas xeradoras de xeo, que dan cobertura a todo o sector e das que se benefician o conxunto de empresas do porto. Con isto búscase incrementar a capacidade de produción de xeo, mellorar o servizo e dar resposta ás necesidades do sector, introducir innovacións tecnolóxicas nos equipamentos produtivos que permitan mellorar a eficiencia e as condicións de traballo, reducir ou consumo enerxético dos equipamentos conseguindo mellorar a eficiencia e a redución da pegada de carbono e prestar especial atención ao consumo da auga, potenciando o aproveitamento sostible e o uso responsable

A contribución deste proxecto á Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) vese reflectida nos seguintes puntos:
-          Consolidar ao final do período de programación a cadea de valor do sector pesqueiro local.
-          Incrementar o valor engadido dos produtos do mar de maneira diferencial e sostible.
-          Conseguir un sector pesqueiro profesional innovador e igualitario e en conxunto do territorio
-          Contribuír á redución da pegada de carbono e favorecer un modelo de desenvolvemento enerxético sostible
-          Adoptar medidas que coincidan no coidado e preservación do medio natural e os recursos, favorecendo a mellorar da biodiversidade.
-          Prestar especial atención á auga como recurso que favorece a riqueza da zona costeira.
Os resultados obtidos con este proxecto son os seguintes:
  • Aforro no consumo: 144639 kWhe
  • Aforro monetario: 9673.74 euros
  • Inversión total do proxecto: 27919.33 euros
  • Payback simple: 2.89 nos

3.      GALP8-031: “Climatización Lonxa - Eficiencia Enerxética”
Modernización das instalacións de climatización da lonxa de xeito que se poida aforrar o consumo enerxético que mantén o frío e  o calor nas instalacións da lonxa, permitindo así optimizar o consumo e mellorar o mantemento do peixe e a climatización do entorno de traballo. Reducindo tamén os custos de consumo de enerxía e reparacións.

A contribución deste proxecto á Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) vese reflectida no aproveitamento sostible do patrimonio ambiental das zonas pesqueiras, incluíndo operacións de mitigación do cambio climático e de transición a unha economía de baixas emisións de carbono.
Resultados obtidos:
·         Aforro no consumo: 1151814.98 kWh
  • Aforro monetario: 103663.35 euros
·         Redúcese a potencia consumida en máis dun 50%

Medidas de salubridade da lonxa contra o COVID-19
Ademais, ante a crise do COVID-19, na lonxa tamén se levaron a cabo medidas para evitar os contaxios. Dende finais de marzo, suspendéronse  as subastas de capturas das frotas de baixura e de arrastre de litoral de maneira presencial, que pasaron a facerse de maneira telemática ou telefónica.

Para distribuír o produto aos compradores, permítese que accedan á casa de venda correspondente, por suposto, con unha limitación do número de persoas que entran.

Con isto, buscan cumprir as medidas de seguridade e hixiene e evitar contaxios entre os traballadores e usuarios da lonxa.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Aberta a nova convocatoria de axudas 2024

Un estudo ambiental contabiliza en 2.226 a poboación de especies mariñas e terrestes do territorio

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024